Scolopendra subspinipes é unha especie de quilópodo de gran tamaño que habita en Asia oriental. É unha das especies máis xeneralizadas e comúns do xénero Scolopendra, xa que esta especie tamén se atopa en tódalas áreas arredor do océano Índico, toda Asia tropical e subtropical dende Rusia ás illas de Malaisia e Indonesia, Australia, América Central e do Sur, as illas caribeñas, e posibelmente partes do sur dos Estados Unidos de América. Porén, non está claro se a súa distribución neses hábitats é natural ou é produto da introdución humana.
Está entre os quilópodos máis grandes, cunha lonxitude máxima de 20 cm. Este animal é un activo e agresivo depredador que cazará calquera animal máis pequeno ca el.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1815 Categoría:Artrópodos de Vietnam Categoría:Artrópodos de Australia Categoría:Artrópodos de Asia