Os elefantes mariños son grandes fócidos oceánicos do xénero Mirounga. Existen dúas especies, a setentrional Mirounga angustirostris e a meridional Mirounga leonina, que durante o século XIX foron cazadas masivamente ata o límite da extinción, mais os seus números están a recuperarse dende entón.

A especie do norte, algo máis pequena que o seu parente do sur, distribúese pola costa do Pacífico nos Estados Unidos de América e en México. A zona de cría máis setentrional da costa do Pacífico é Race Rocks, e a máis meridional é a illa de Vancouver no estreito de Juan de Fuca. A especie meridional habita no hemisferio sur en illas como Xeorxia do Sur e Macquaire, e nas costas de Nova Zelandia, Suráfrica e a Arxentina, na península Valdés. No sur de Chile, existe unha pequena colonia de 120 animais en Jackson Bay, Admiralty Sound (Seno Almirantazgo), Terra do Fogo.

Especies existentes Imaxe Nome científico Distribución120px Mirounga angustirostris Costa norteamericana do océano Pacífico120px Mirounga leonina Sur do océano Atlántico

Notas

Categoría:Pinnípedes