Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea procreou a Ponto por si mesma, sen elemento masculinoEste último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.. Considérase a personificación masculina do mar.
Hixino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.
Mitoloxía Uniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos: Nereo, pai das Nereidas Taumante, pai, con Electra, das Harpías. Forcis e Ceto, irmáns e esposos entre si. Ceto era un terrible monstro acuático, e entre a descendencia que tiveron figuran as Górgonas, Tifón, Cérbero, a hidra de Lerna e outros seres monstruosos. Euribia, que casou con Crío, un dos titáns. Tiveron tres fillos: Astreo, Palas (ou Palante) e Perses.
Con Talasa, personificación do mar Mediterráneo, foi pai dos Telquines: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.
Algunhas fontes fano tamén pai de Briareo, un dos Hecatonquiros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
Categoría:Deuses gregos