miniatura|A fragata Blanca, á esquerda, na batalla de Abtao. miniatura|Odón de Buen pouco despois de obter a cátedra, contra 1889 miniatura|Capa da Historia Natural de Odón de Buen, editada en Barcelona en 1891 por Montaner y Simón

Odón de Buen y del Cos, tamén coñecido como Odón de Buen, nado o 18 de novembro de 1863 en Zuera (provincia de Zaragoza) e finado o 3 de maio de 1945 na Cidade de México, foi un naturalista español, coñecido por ser o fundador da oceanografía en España.

Traxectoria Primeiros anos e formación Odón de Buen y del Cos naceu o 18 de novembro de 1863 en Zuera (provincia de Zaragoza). Seu pai foi Mariano de Buen y Ropín, xastre de profesión, e a súa nai, Petra del Cos y Corroza. Xunto cos seus pais, trasladouse a Zaragoza para estudar o bacharelato. Consciente do grande esforzo que supoñía para a familia o traslado á capital aragonesa, impartiu clases de repaso a outros alumnos. Rematado o bacharelato con matrícula de honor, accedeu á universidade. Elixiu estudar Ciencias Naturais, para o cal foi preciso o seu traslado a Madrid. Sabedores do grande esforzo económico que supoñía, e coñecedores do seu talento, o Concello de Zuera decidiu concederlle unha bolsa de estudos por acordo unánime dos concelleiros.

Durante a súa estancia en Madrid, na Universidade Central, tivo ocasión de ampliar estudos con Máximo Laguna e José Macpherson, cos que iniciou os estudos de petrografía na serra madrileña. Nesta época, e para axudar economicamente, comezou a dar clases particulares, sendo un dos seus alumnos Miguel Primo de Rivera. Durante este período Odón realizou estudos das plantas, que incluiría máis tarde, en 1883, nos Anales de Historia Natural. Xunto a Vicente Castelló creou o Anuario Científico Español.

En Madrid participou nas actividades da Sociedad Linneana Matritense.González Bueno, A. (1982): "La Sociedad Linneana Matritense", en Folch, G & Puerto, F. J., eds., Medicamento, Historia y Sociedad. Madrid: Universidad Complutense, pp. 511-538.

A viaxe da fragata Blanca Tras unha viaxe á súa terra natal, onde en 1885 se declarara unha epidemia de cólera, da que morreu seu pai, debido ao que se fixo cargo da súa familia, Odón regresa a Madrid. Alí recibiu a noticia de que fora seleccionado para realizar investigacións científicas a bordo da vella fragata Blanca, supervivente da batalla do Callao.

Esta viaxe, preparada pola Armada Española, fora pensada para da a volta ao mundo como instrución de gardamariñas pero, por razóns orzamentarias, reduciuse a unha viaxe en dúas etapas: a primeira polo norte de Europa, e a segunda polo Mediterráneo e o norte de África. En ambas as viaxes, nas que no faltaron as penalidades, formouse a vocación oceanográfica de Odón de Buen, tal e como relata nas súas memorias:

Durante esta viaxe de Buen recolleu importantes materiais que serviron para clasificalos máis tarde. Entre eles, dúas especies de isópodos que foron clasificados, na súa honra, como Metropontus bueni e Porcelio bueni. Afeccionado a escribir, relatou as peripecias da viaxe na súa obra De Kristanía a Tuggurt.

Os resultados desta exploración en Galicia Esta viaxe, asemade, supuxo un contacto científico con Galicia.Puig-Samper, M. A. et al. (1984): "El viaje de la fragata Blanca (1886)". Actas do II Congreso Soc. Esp. Ha. Cs., II: 281-296. Zaragoza: Gráficas Navarro. Durante a súa estancia en terras galegas, sobre todo en Ferrol, xunto a unha serie de peixes recolleu diversos exemplares de crustáceos, que mandou ao Museo de Ciencias Naturales de Madrid. Parte deses seres serviron para a elaboración do seu artigo "Materiales para la fauna carcinológica española". No traballo cita 23 especies con presenza en Galicia, delas 20 exclusivas; as localidades de recolección foron, en primeiro lugar, Ferrol, recollidas polo autor en 1886, e Marín, recollidas por Eduardo Boscá. Non se describen taxons novos e os resultados preséntanse como unha listaxe con moi poucas indicacións. O artigo inclúe unha segunda parte na que aborda algo a área de distribución dos crustáceos.

En Barcelona Tras esta viaxe, Odón buscou unha estabilidade económica que lle permitira casar, e, tras varios intentos, gañou en 1889 a cátedra de Historia Natural da Universidade de Barcelona, posto que ocupou até 1911, en que se trasladou a Madrid.Gomis, A. (2011): "Odón de Buen: cuarenta y cinco años de compromiso con la universidad" Asclepio, LXIII (2): 405-430.

Durante a súa estancia en Barcelona, reformou completamente a ensinanza das ciencias na súa universidade: introduciu material científico avanzado, estableceu prácticas de laboratorio e saídas ao campo, e estableceu relaciones estreitas coa Estación Biolóxica de Banyuls-sur-Mer (Francia). Os seus extensos manuais explicaban os fenómenos naturais con puntos de vista evolucionistas e sen rodeos.

De Buen foi un dos principais divulgadores da teoría da evolución de Darwin en España, o que lle valeu a oposición do cardeal Salvador Casañas y Pagés, que declarou que as súas ensinanzas eras heréticas. A oposición do cardeal conseguiu en 1895 que Odón de Buen fora separado da súa cátedra. Posteriormente foi acollido polo goberno francés, que o nomeou oficial de instrución pública.

Odón de Buen publicou unha Historia natural completa (zooloxía, botánica e xeoloxía) con ilustracións e gravados, que tivo grande aceptación tanto en España como en América, pese a que os sectores máis conservadores da ensinanza promoveron a prohibición destes libros como contrarios ás doutrinas da Igrexa católica, que os puxo no Índice de libros prohibidos, pero Odón de Buen no impoñía seus libros, co que calquera intento de apartalos da ensinanza oficialmente foi infrutuoso.

A súa separación da cátedra produciu numerosas protestas e revoltas entre os estudantes, que chegaron a apedrar o palacio do bispo a as casas doutras persoas notorias polo seu clericalismo. De Buen trasladou as súas clases ao salón do Centro Federal e continuou coas súas saídas ao campo, pero as revoltas non cesaban e, á final, durante as vacacións de Nadal, o Goberno, aconsellado polo xeneral Valeriano Weyler, capitán xeneral de Cataluña, dispuxo que Odón retomase as súas clases na universidade.

De Buen, político Odón de Buen participou tamén na política, difundindo ideas republicanas e librepensadoras. Foi colaborador de Las Dominicales del Libre Pensamiento, que dirixía Fernando Lozano y Montes, con cuxa filla, Rafaela, casou en 1889. Este matrimonio tivo seis fillos. Foi concelleiro de Barcelona (1903) e senador pola provincia de Barcelona (1907-1910).

Próximo na súa formación aos "institucionistas" (da Institución Libre de Enseñanza), diferenciábase nalgúns matices ideolóxicos, relacións e proxectos emprendidos. As concepcións científicas con que se identificaba (darwinismo) e as posicións políticas que defendía (republicanas de esquerda) provocaron enfrontamentos cos sectores conservadores cataláns.ArquéS, J. (1984): "Els veritables fets sobre la suspensió del cientific darwinista Odón de Buen de la seva Catedra de la Universitat de Barcelona el 1895", Actas II Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias, Jaca, 27 de Septiembre-1 de Octubre de 1982, 1: 285-304.

En 1907 foi membro da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Durante a campaña para as eleccións xerais de 1907 foi vítima dun ataque lerrouxista contra el e outros líderes da Solidaritat Catalana, no que foi ferido por bala Francesc Cambó.

Odón de Buen incidiu en Galicia no labor de divulgación do darwinismo e das modernas concepcións biolóxicas que propiciaban os seus excelentes manuais de Historia Natural. Estes innovadores libros eran especialmente apreciados nas bibliotecas dos centros obreiros e librepensadores galegos. Á marxe da súa actividade científica, de Buen formou parte da comisión de Solidaritat Catalana que acudiu a Galicia, en 1907, en apoio de Solidaridad Gallega, participando en mitins en Betanzos e na Coruña. Como senador republicano por Barcelona, en 1909, protestou e interpelou ao Goberno polo masacre de Oseira, ante o silencio xeral dos representantes galegos.Durán, J. A. (1974): "Buen y Cos, Odón de", na Gran Enciclopedia Gallega, IV: 67-68. Santiago de Compostela / Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-039-6.

Novas campañas marítimas A partir de 1908 realizou unha serie de campañas marítimas a bordo do Averroes, barco ben equipado que pertencía á Mariña de Guerra, e co cal De Buen puido trazar cartas de navegación, estudar os fondos do estreito de Xibraltar e analizar as correntes, a fauna e a flora mediterráneas.

Durante este período Odón de Buen coincidiu na Escola Moderna de Francesc Ferrer i Guàrdia con outros científicos, entre os que estaban Santiago Ramón y Cajal e Andrés Martínez Vargas. Colaborou no seu Boletín e integrouse no seu padroado, impartiu numerosas conferencias e escribiu cinco libros de ciencias naturais, que serviron de libros de texto nese centro. Nesta época recibiu numerosos premios e condecoracións, tanto nacionais como estranxeiras.

En Madrid En 1911 trasladouse a Madrid, onde continuou a súa obra pedagóxica defendendo sempre a ensinanza científica, completa e experimental. Nesta cidade retomou a súa amizade con Ramón y Cajal e co seu antigo alumno Miguel Primo de Rivera.

Nesta época, de Buen preocupouse tamén por mellorar a súa vila natal, Zuera, para a que conseguiu a construción dun Grupo Escolar, o cal na actualidade leva o seu nome (CEIP Odón de Buen). O escultor Mariano Benlliure modelou un busto para este centro, do que no seu día foi entregada unha reprodución á Universidade de Zaragoza que a exhibe no seu Paraninfo como homenaxe ao oceanógrafo. Outra copia está no seu mausoleo, que se erixiu en Zuera.

Fundación do Instituto Español de Oceanografía miniatura|Odón de Buen y del Cos Desde 1893, como quedou dito, de Buen organizara visitas periódicas, co seu alumnado, ao Laboratoire Arago, en Banyuls-sur-Mer, unha estación mariña fundada polo profesor da Facultade de Ciencias da Sorbona Henri de Lacaze-Duthiers. Eses contactos favoreceron o interese de Odón de Buen por crear un centro de investigación oceanográfica en España. En 1906 inaugurou o Laboratorio Biolóxico Mariño en Portopí (Palma de Mallorca), e máis tarde outros en Málaga, Vigo e Santa Cruz de Tenerife, nos que se formaron xeracións de oceanógrafos.

O seu labor en oceanografía e bioloxía mariña significou a consolidación institucional destas disciplinas no Estado español. Os precedentes foran escasos e non acadaran a entidade necesaria. Entre eles figura o labor de Mariano de la Paz Graells, a citada viaxe da fragata Blanca, a estancia de Joaquín Castellarnau na Estación Zoolóxica de Nápoles e as actividades de Augusto González de Linares, coa creación da Estación de Santander.Cazurro, M. & Arias Encobert, J. (1921): Ignacio Bolivar y las Ciencias Naturales en España. Madrid: Impr. Clásica Española. ISBN 84-0006-854-8.Fraga, X. A. (1992): Bioloxia na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903): ensino, divulgación, debates, produción, institucionalización e recepción de novidades. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-899-4.Fraga, X. A. (1996): "La institucionalización de la biología marina en España. El mito de González de Linares (1845-1904)", Antilia (Revista Española de Historia de las Ciencias de la Naturaleza y de la Tecnología, vol. II, art. 1. ISSN 1136-2049.

Odón de Buen dispuña dunhas calidades que lle resultaron moi beneficiosas para levar adiante o seu proxecto institucional. Dotado dunha grande habelencia para as relacións, estableceu numerosos contactos científicos e políticos que lle axudaron a acadar os obxectivos. Neste terreo actuou dun xeito pragmático, conciliando as súas posicións políticas e ideolóxicas coas de persoas de sensibilidades moi diferentes.