Theodore V. Buttrey, nado o 29 de decembro de 1929 en Havre, Montana, e finado o 9 de xaneiro de 2018 foi un profesor de linguas clásicas, investigador e divulgador numismático estadounidense.
Traxectoria Buttrey concluíu a súa educación secundaria en 1946 na Philips Exeter Academy, en Exeter, Nova Hampshire. Posteriormente cursou Estudos Clásicos na Universidade de Princeton, onde se graduou en 1950 e acadou o seu doutoramento en 1953 coa tese Studies in the Coinage of Marrk Antony, publicada o ano seguinte pola American Numismatic Society (ANS) nunha versión abreviada.Kampmann, U. (2018)."Theodore Buttrey Visual Media Resources". Department of Classical Studies. University of Michigan."Theodore V. Buttrey (1929-2018)". En The E-Sylum. Vol 21. Nº 2. 14 de xaneiro.
Xa en 1952 interveu na primeira edición dos seminarios estivais da American Numismatic Society. Logo da súa graduación foi profesor na Universidade Yale (1954-1964), na que, ademais da docencia, exerceu como conservador da súa colección numismática entre 1962 e 1964. Ese último ano deixou Yale e continuou o seu labor académico como profesor asociado de Linguas Clásicas na Universidade de Míchigan, onde logrou o posto de profesor titular en 1968. Nesta universidade encargouse tamén de dirixir o Museo Kelsey de Arqueoloxía entre 1969 e 1971.
O centro de interese das súas investigacións foi sempre o mundo antigo, sobre o que versan practicamente todas as súas publicacións, e tamén participou en diversas escavacións arqueolóxicas. En 2007 encargouse, xunto con Ian Carradice, dunha reedición do volume segundo de Roman Imperial Coinage.
Buttrey xubilouse en 1985 e, a partir dese momento, trasladouse a Cambridge, Inglaterra, onde exerceu como conservador do Museo Fitzwilliam entre 1998 e 1991.
En paralelo á numismática antiga, Buttrey foi tamén un experto na moeda Mexicana, e é autor do catálogo Guidebook of Mexican Coins (1969).Véxase (1969) en "Bibliografía".
Entre outras sociedades científicas e entidades académicas, foi membro da American Academy in Rome, a American Numismatic Society, a American School in Athens, a American Philological Association, o Archaeological Institute of America, a Royal Numismatic Society (Londres) e a Société française de numismatique (París).
Theodore V. Buttrey converteuse nun personaxe moi coñecido nos EEUU a partir dunha serie documental sobre o mundo antigo conducida por el e producida polo centro de medios audiovisuais da Universidade de Míchigan, que foi emitida por máis de 75 canles de televisión por todo o país.
Recoñecementos
(1983): Medalla da Royal Numismatic Society."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1996): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (2011): Medalla Wolfgang Hahn, do Instituto de Numismática e Historia Monetaria de Viena."Wolfgang-Hahn-Medaille: 1. Dezember 2011 - Prof. Dr. Theodore V. Buttrey". Universität Wien."Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien."Zweite Wolfgang Hahn-Medaille in Wien verliehen". En Münze Woche. 5 de xaneiro de 2012.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Theodore V. Buttrey ao longo da súa carreira académica:"Buttrey, Theodore V. 1929-2018 ". Digital Library Numis."Buttrey, Theodore V.". WorldCat Identities."Theodore V. Buttrey". BnF.fr
(1956). The triumviral portrait gold of the 'quattuorviri monetales' of 42 B.C. American Numismatic Society, Nova York. (1963). A guide book of Mexican decimal coins, 1863-1963. Whitman Pub. Co., Racine. (1969). A guide book of Mexican coins, 1822 to date (con H. Wallace e N. Shafer). Whitman Pub. Co., Racine. (1973). Coinage of the Americas. American Numismatic Society, Nova York. (1980). Cosa: the Coins (con M. T. Marabini). American Academy in Rome. ISBN 9788870060171. (1980). Documentary evidence for the chronology of the Flavian titulature. Hain, Meisenheim. ISBN 9783445021151 (1981). Greek, Roman, and Islamic coins from Sardis. Harvard University Press. ISBN 9780674363052 (1981). More on the Athenian coinage law of 375 / 4 B.C. Gaggiani-Bizzozero, Lugano (1989). Morgantina studies. Results of the excavations conducted at Morgantina by Princeton University, the University of Illinois and the University of Virginia. Vol. 2: the coins. Princeton University Press. ISBN 9780691200637 (1993). The Sanctuary of Santa Venera at Paestum (con J. G. Griffiths e M. Torelli). Bretschneider, Roma. ISBN 9788876890758 (1997). The Extramural sanctuary of Demeter and Persephone at Cyrene, Libya. Volume 6. The Coins (con I Donald Macphee). The University Museum, Filadelfia. ISBN 9780924171482 (2004). Roman Egyptomania (con S-A. Aston e A. Popescu). Golden House, Londres. ISBN 9780954721855.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gilkes, P. (2018). "Numismatist Theodore Buttrey Dies". En Coin World. 3019. Páxina 34. ISSN 0010-0447 Kampmann, U. (2018). "Theodore V. Buttrey (1929-2018)". En Conis Weekly. 24 de xaneiro. Metcalf, W. E. (2017). "Theodore V. Buttrey (1929-2018) ". En Compte rendu, 64. International Numismatic Council.
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados no condado de Hill, Montana Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade Yale Categoría:Profesores da Universidade de Míchigan Categoría:Directores de museos Categoría:Persoas relacionadas co Museo Fitzwilliam Categoría:Personalidades sen imaxes