Nana Akufo-Addo, nado en Accra o 29 de marzo de 1944, é un político ghanés, actual presidente de Ghana desde 2017. Anteriormente, foi procurador xeral de 2001 a 2003 e ministro de Relacións Exteriores de 2003 a 2007, so a administración liderada polo presidente John Kufuor.

Eleccións presidenciais Nana Addo concorreu por primeira vez á presidencia en 2008 e novamente en 2012, ambas como candidato do Novo Partido Patriótico (NPP), mais foi derrotado en ambas as ocasións polos candidatos do Congreso Nacional Demócrata: John Atta Mills en 2008 e John Dramani Mahama en 2012, despois da morte de Mills. Foi escollido como candidato presidencial do Novo Partido Patriótico por terceira vez para as eleccións xerais de 2016 e desta vez, conseguiu derrotar o presidente titular John Dramani Mahama na primeira rolda, vencendo co 53,85% dos votos, que foi a primeira vez nunha elección presidencial ghanesa que un candidato gañase por maioría absoluta na primeira quenda.

O 4 de decembro de 2019 Akufo-Addo anunciou a súa candidatura á reelección en 2020; enfrontándose co expresidente John Dramani Mahama, sendo a terceira vez que Akufo-Addo e Mahama se enfrontaban nunhas eleccións, obtendo de novo a maioría absoluta na primeira volta das eleccións, co 51,59% dos votos.

Notas

Categoría:Presidentes de Ghana Categoría:Políticos de Ghana Categoría:Nados en Accra Categoría:Nados en 1944