Porfirio de Tiro (grego: Πορφύριος, Porphýrios), nado c. 234 en Tiro e falecido c. 305 en Roma, foi un filósofo neoplatónico durante o dominio romano. Editou e publicou as Enéadas, a única colección da obra de Plotino, o seu mestre.
Escribiu obras orixinais en lingua grega sobre unha gran variedade de temas, que van dende a teoría musical ata Homero e tamén respecto ao vexetarianismo. A súa Isagoge ou introdución á lóxica e á filosofía, foi un dos libros de texto máis estendido sobre lóxica ao longo da Idade Media nas súas traducións ao latín e ao árabe. Porfirio era, e aínda é, tamén coñecido polas súas polémicas anticristiás. A través de obras como Filosofía dos oráculos e Contra os cristiáns (que foi prohibida por Constantino I o Grande) tivo controversia cos cristiáns primitivos.
Notas
Categoría:Finados en 305 Categoría:Nados en 234 Categoría:Críticos Categoría:Historiadores da Roma Antiga