O plurinacionalismo ou unha plurinacionalidade é a coexistencia de dous ou máis grupos nacionais dentro dunha mesma entidade política, goberno ou constitución. O expresidente ecuatoriano Rafael Correa definiu o plurinacionalismo como a coexistencia de diversas nacionalidades dentro dun estado con diferentes pobos, culturas e identidades que existen e son recoñecidos.Lucas, Kintto. ECUADOR New Constitution Addresses Demand for ‘Plurinational’ State , ipsnews.net No plurinacionalismo, a idea de nacionalidade é plural, o que quere dicir que está composto de diferentes nacións dentro dunha comunidade organizada. Derivado deste concepto, un estado plurinacional é aquel que conta coa existencia de múltiples comunidades políticas e asimetría constitucional. O uso da plurinacionalidade axuda a evitar a división de sociedades dentro dun estado ou país. Ademais, unha democracia plurinacional recoñece os múltiples pobosdemos, thefreedictionary.com dentro da entidade política.Keating, Michael. Plurinational Democracy in a Post-Sovereign Order , Queen's Papers on Europeanisation No 1/2002
Notas
Véxase tamén Outros artigos Globalización Multiculturalismo Bibliografía Pallares, Amalia. The Politics of Disruption, From Pluriculturalism to Plurinationalism, From peasant struggles to Indian resistance: the Ecuadorian Andes in the late twentieth century, University of Oklahoma Press, 2002, 272 páxinas MacDonald, Jr., Theodore. Ecuador's Indian Movement: Pawn in a Short Game or Agent in State Reconfiguration? Masnou i Boixeda, Ramón. 3. Recognition and Respect in Plurinationalism, Notes on Nationalism, Gracewing Publishing, 2002, 146 páxinas.
Categoría:Nacionalismo