miniatura|300px|Zeus acaba con Porfirión (Altar de Pérgamo, Berlín) miniatura|300px|Reprodución hipotética Porfirión (do grego antigo Πορφυρίων Porphyriôn, 'puxar', erguerse', 'brotar') foi un personaxe mitolóxico, un dos Xigantes que se rebelaron contra Zeus e os outros deuses olímpicos. Como o resto da súa raza, foi procreado por Xea (a Terra) a partir das pingas de sangue que caeron ó chan ó castrar Cronos a Urano (esposo de Xea e pai de Cronos). Para Hixino, era fillo de Éter e Nix (a Noite).

Con Alcioneo foi un dos principais protagonistas do enfrontamento coñecido como Xigantomaquia. Algún mitógrafo engade que a súa nai, Xea, prometéralle a man de Hebe, se loitaba contra os deuses, para destronar a Zeus.

Cando Porfirión atacou a Zeus, lanzando sobre el a illa de Delos, o deus inspiroulle un desexo lascivo por Hera e, cando o xigante estaba distraído intentando espir á deusa arrincándolle o peplo "Vestidura sen mangas empregada polas mulleres gregas, formada por unha tea que se abrochaba nos ombros cunha fibela e se cinguía ao corpo cun cinto, e facía caídas en punta por diante", (Dicionario en liña da Real Academia Galega [consultado o 17.12.2010]). para violala, Zeus lanzoulle o seu raio divino, á vez que Heracles o aseteaba, dándolle morte.

Outras narracións do mito fano vítima das frechas de Apolo, xunto a Tifón.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Xigantes