dereita|miniatura|300x300px|A chaira do Norte da China, rodeada ao norte e ao oeste polas montañas, co mar Amarelo ao leste. Ao nordés vese fluír a través da chaira o río Amarelo antes de que desemboque no mar de Bohai, o golfo máis interno do mar Amarelo. Na parte superior esquerda da imaxe preto das montañas, sitúase a capital chinesa, Pequín, semellante a un círculo sombreado. A chaira do norte da China (en chinés tradicional 華北平原; en chinés simplificado 华北平原; en pinyin Huáběi Píngyuán), situada no nordés da China, é unha ampla rexión xeográfica formada polos sedimentos dos ríos Amarelo e Huai, que chegan a ter ata 900 metros de profundidade. É a maior chaira aluvial da Asia oriental e unha das zonas máis densamente poboadas do mundo.

Xeografía Está delimitada polas montañas Yan polo norte, e polas Taihang polo oeste. Cara ao sur únese coa chaira do río Yangtzé. Dende o nordés ata o sueste, chega ata as costas dos mares de Bohai e Amarelo. O río Amarelo flúe pola chaira ata a súa desembocadura no mar de Bohai. No límite noroeste da chaira atópase Pequín e na súa costa nordés Tianjin. A maior parte da chaira atópase a menos de 50 metros de altura sobre o nivel do mar.

Economía A chaira do norte da China é a zona de maior produción de sorgo, millo miúdo, millo e algodón de toda a República Popular da China. Tamén se cultiva trigo, sésamo, cacahuete e tabaco. Conta con importantes xacementos petrolíferos en Dagang (Tianjin) e en Shengli (Shandong).

Importancia na historia da China dereita|miniatura|300x300px|Vista da chaira A xeografía da chaira tivo profundas implicacións culturais e políticas dende hai miles de anos. Ao contrario que o sur da China, esta zona non está dividida por montañas ou ríos, polo que as comunicacións dacabalo eran rápidas, o que fixeron que o centro político da China tendese a localizarse nesta área. Como resultado, tamén a fala da zona é relativamente uniforme en contraste coa plétora de dialectos do sur do país.Ramsey, S. Robert, The Languages of China. Princeton University Press (1987), páx. 19-26. Xa antes da dinastía Qin, Luoyang e as súas áreas próximas eran consideradas "o centro do mundo". A sede política da dinastía Xia localizábase ao redor de Songshan e o val do río Yiluo.

Debido a que o fértil chan da chaira se une gradualmente coas estepas e os desertos da Asia Central, sen barreiras naturais entre as distintas rexións, a zona foi propensa ás invasións procedentes desa zona e tamén de Manchuria, o que levou á construción da Gran Muralla Chinesa.

Aínda que o seu chan é fértil, o tempo é impredicible, xa que se atopa nun punto de intersección entre os ventos húmidos do Pacífico e os secos do interior, o cal provoca alternativamente tanto secas como inundacións. Estas chegan a ter consecuencias desastrosas cando os diques de contención dos ríos sofren danos. En opinión de moitos historiadores, estes factores fomentaron o desenvolvemento dun estado chinés centralizado co fin de manter abastecidos os almacéns de gran e de manter as obras hidráulicas e as fortificaciones construídas como defensa contra os pobos da estepa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Imaxes de satélite do Foreign Agricultural Service dos Estados Unidos. The North China Plain Agriculture Project (NCPA) Encyclopædia Britannica: "North China Plain"

Categoría:Chairas Categoría:Accidentes xeográficos da China