A illa das mentiras (en ) é un filme español de 2020 dirixido pola galega Paula Cons, con guión da propia Paula Cons e Luis Marías, e protagonizada por Nerea Barros, Victoria Teijeiro, Ana Oca, Aitor Luna e Darío Grandinetti. Conta a historia ficcionada das Heroínas de Sálvora, tres mozas que arriscaron a súa vida para salvar os sobreviventes do naufraxio do Santa Isabel na Illa de Sálvora.

Rodada en castelán, estreouse nos cinemas galegos dobrada ao galego. A dirección de dobraxe foi realizada por Charo Pena e a tradución por Margarita Díaz.

Argumento Durante a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel que se dirixía a Buenos Aires afúndese fronte á costa da Illa de Sálvora na ría de Arousa, Galicia. Nesa noite non había homes na illa, xa que estaban a celebrar o Nadal en terra firme. Tres mozas da illa arriscan a súa vida para salvar aos sobreviventes: María (Nerea Barros), impulsiva e adiantada ao seu tempo, Josefa (Vitoria Teijeiro), un pouco tópico da muller galega, calada e máis prudente e Cipriana (Ana Oca) case unha nena que quere saír da illa para coñecer o mundo real. Remando só de ouvido pola espesa néboa e a noite pechada logran salvar a 48 persoas.

Un xornalista arxentino, León (Dario Grandinetti), chega á illa para cubrir a noticia e investigar o caso. Co transfondo das loitas sociais, aos poucos o xornalista descobre que nada é o que parece e que hai numerosas incógnitas por resolver.

Elenco

Nerea Barros como María Ana Oca como Cipriana Sergio Quintana como Benito Victoria Teijeiro como Josefa Miguel Borines como garda Aitor Luna como Tomás Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández. Mela Casal como Julia Tatán como Manolo María Costas como Francisca Milo Taboada como Pepe Celso Bugallo como Paco o da Filosera Leyre Berrocal como Juana Voz da dobraxe galega de Marián Muíño González. Darío Grandinetti como León Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia. Roberto Leal como autoridade Machi Salgado como Luis Cebreiro Javier Tolosa como señor Marqués Voz da dobraxe galega de Antonio Rubal. Alberto Grifón como fotógrafo Pedro Galiza como garda civil 1 Domingo Rey como garda civil 2 Pepo Suevos como patrón Ana Santos como Señora Pablo Pose como tripulante Nagore Arias como alumna Fe Besteiro como muller

O resto de actores dobráronse a si mesmos na versión en galego do filme.

Produción A película foi rodada na illa de Sálvora, onde ocorreu realmente o naufraxio do Santa Isabel, no Grove e Muros, e retrata especialmente a sociedade de principios do século XX en España a través da historia ficionada de tres mulleres, Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada e María Fernández Oujo, de 24, 16 e 14 anos respectivamente, que vivían na illa e que saíron da norma establecida para levar a cabo un acto heroico polo que primeiro foron aplaudidas e homenaxeadas, para despois ser vilipendiadas e finalmente esquecidas.​

É unha coprodución da produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luís, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros contou coa participación ademais de TVG, RTVE e ETB.​

Por mor da pandemia do coronavirus a película foi estreada na plataforma española Filmin e foi a película máis vista durante a primeira semana da súa estrea.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

La isla de las mentiras en Días de Cine (vídeo) TVE 

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes de 2020 con versión en galego