Manuel Prado Pereira, coñecido como Lolito, nado en Panxón (Nigrán) cara a 1906 e finado en Priegue o 4 de marzo de 1939, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Veciño da Area Alta (Panxón). Dirixente do Sindicato de Mariñeiros de Panxón da CNT. Foi detido en marzo de 1935 con Franklin Acevedo Méndez e Florencio Trigo Cabral, acusados de coacción durante a folga xeral revolucionaria de 1934,El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 12. foron xulgados en Vigo o 18 de marzo e absoltos.El Pueblo Gallego, 19-3-1935, p. 14. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O xuíz militar de Vigo reclamouno mediante requisitoria o 25 de outubro.El Pueblo Gallego, 27-10-1936, p. 4. Liderou unha partida de fuxidos que actuaban na contorna de Gondomar. En febreiro de 1938 asasinaron en Priegue a Francisco López dos Santos, un tratante de madeira portugués considerado informante da Garda Civil. Detido o 18 de decembro de 1938, foi xulgado en Vigo por rebelión militar o 16 de febreiro de 1939, e condenado a pena de morte. Foi executado en Vigo, rexistrándose a morte en Nigrán a causa de hemorraxia interna.El Pueblo Gallego, 5-3-1939, p. 12. En xullo de 1940 iniciaron un expediente de responsabilidades políticas contra el.El Compostelano, 31-7-1940, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado .

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en 1906 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos