Bertha María Julia Lutz, nada en São Paulo o 2 de agosto de 1894 e finada en Río de Xaneiro o 16 de setembro de 1976, foi unha naturalista, zoóloga, profesora e pioneira do feminismo no Brasil. En 1945 xogou un papel fundamental para que a Carta das Nacións Unidas mencionase ás mulleres.

Traxectoria Filla do médico e epidemiólogo suízo Adolfo Lutz (1855-1940) e da enfermeira inglesa Fowler Lutz.Guilherme Gantois de Miranda: Berta Lutz: cientista e feminista em luta pela emancipação da mulher. ()

Estudou ciencias naturais e foi zoóloga en París, na Sorbona, con especialización en anfibios anuros; estudando especies de ras da familia Hylidae.. 1973. Brazilian species of Hyla. University of Texas Press. Austin. A ra rápida de Lutz (Paratelmatobius lutzii Lutz & Carvalho, 1958) foi codescrita por ela. Zoóloga de profesión, en 1919, foi contratada polo Museu Nacional do Rio de Janeiro, alcanzou enorme repercusión no país, debido a que o acceso aos cargos públicos estaba prohibido ás mulleres nese momento. Máis tarde, converteuse en naturalista da Sección Botánica, da mesma institución. Ao longo da súa vida, Lutz publicaría numerosos estudos e publicacións científicas entre os que destacan: “Observations on the life history of the Brazilian Frog” (1943), “A notable frog chorus in Brazil” (1946), “New frogs from Itatiaia mountain” (1952).

Despois de tomar contacto cos movementos feministas de Europa, e de EE. UU., Berta creou as bases do feminismo brasileiro. En 1922 fundou a Federación Brasileira para o Progreso Feminino (FBPF) despois de representar ao Brasil na Asemblea xeral da "Liga das Mulleres Sufraxistas", realizada nos Estados Unidos, onde foi elixida vicepresidenta da Sociedade Panamericana.

Foi electa suplente como deputada federal en 1934, despois de non gañar en dúas eleccións. En 1936 asumiu o mandato. As súas principais bandeiras de loita foron os cambios na lexislación laboral con respecto ao traballo feminino e infantil, e mesmo a igualdade de remuneración entre xéneros. En 1937, co golpe do Estado Novo, Getúlio Vargas clausurou ambas as Cámaras, facéndolle perder o seu mandato.

En 1945 foi unha das poucas mulleres que puideron participar na Conferencia da ONU de San Francisco na que se asinou a Carta das Nacións Unidas. Como embaixadora do Brasil en devandita conferencia Lutz xogou un papel fundamental en que a carta mencionase explicitamente ás mulleres.

Recoñecementos

Dúas especies de lagartos brasileiros levan o seu nome: Liolaemus lutzae e Phyllopezus lutzae. Tamén tres especies de ras: Dendropsophus berthalutzae, Megaelosia lutzae e Scinax berthae. En 2001, o Congreso Brasileiro creou o Premio Bertha Lutz, para premiar a mulleres que traballaran na defensa dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero. Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,

Outros artigos

Sufraxio feminino Feminismo

Ligazóns externas Biografía Voto feminino Artigo - Para ler Bertha Lutz Artigo - Práticas e disputas em torno do patrimônio científico-cultural – Bertha Lutz no Conselho de Fiscalização das Expedições Artísticas e Científicas do Brasil Vídeo Mulheres da Ciência - Berta Lutz (en portugués)

Categoría:Nados en 1894 Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Feministas do Brasil Categoría:Científicos do Brasil Categoría:Finados en 1976