Vicente Guillén Biel, nado en Coruxo (Vigo) o 19 de setembro de 1912 e finado en Pontevedra o 18 de xuño de 1941, foi un guerrilleiro antfranquista galego.
Traxectoria Electricista en Coruxo. En 1935 foi procesado en Vigo por lesións, aínda que foi absolto por ser en lexítima defensa.El Pueblo Gallego, 17-9-1935, p. 14. Afiliado ao Ateneo Libertario de Lavadores, foi detido o 23 de maio de 1936 polo asalto ao Centro das Juventudes Católicas de Comesaña no que tamén participaron Maximino Alonso Comesaña e Eusebio Freiría.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, preso no cárcere de Pontevedra, na noite do 5 ou 6 de setembro, foi conducido nunha camioneta, xunto con outros oito presos, para ser paseados no cemiterio de Aldán, pero Vicente logrou fuxir. Chamado a filas coa súa quinta en agosto, non se presentou e fuxiu ao monte. Liderou unha partida de fuxidos. Participou co seu irmán Julio Guillén Biel no grupo de Rogelio García Morales. Realizaron varios asaltos na comarca de Vigo con Vicente disfrazado de falanxista ou militar. O 12 de xullo de 1937, nun enfrontamento coas forzas dedicadas a perseguir os fuxidos no monte dos Valos (Redondela) no que resultaton mortos Aureliano Souto Blanco e Enrique Acuña Gómez, abatiu ao cabo falanxista Celestino González Mouriño.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo en agosto de 1937 xunto co seu irmán Julio, procesados na causa 373/37 por rebelión militar e insulto a forza armada.Requisitoria en El Pueblo Gallego, 8-8-1937, p. 4. Xulgados en Vigo, foron declarados en rebeldía. O 27 de novembro de 1938 tivo lugar outro enfrontamento coa Garda Civil en Barreiro, con intercambio de disparos e lanzamento de bombas de man. O 6 de xuño de 1939 entrevistouse co gobernador civil Manuel Gómez Cantos que se achegou ao seu domicilio para xestionar a súa presentación.El Pueblo Gallego, 7-6-1939, p. 6. Guillén desconfíou, non se presentou e volveu ao monte.O virreinado de "papá Manuel" (1). Finalmente foi detido ese ano. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 10 de marzo de 1941 na causa 952/1939 xunto con Eugenio González Fernández, foi condenado a pena de morte. Foi executado nos diques de Monte Porreiro de Pontevedra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1941,El Compostelano, 12-9-1941, p. 2. e foi condenado polo Xulgado de Responsabilidades Políticas ao pago de 100 pesetas de multa en 1943.BOE, 5-11-1943, p. 3882 . Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas A resistencia armada: Vicente Guillén Biel. Expediente de responsabilidades políticas contra Vicente Guillén Biel e Eugenio González Fernández
A primeira guerrilla antifranquista galega (1936-1939): un esforzo malogrado
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Vigo
Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en 1912 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes