O hopano é un composto químico natural clasificado como triterpeno. Forma o núcleo central de diversos compostos que en conxunto reciben o nome de hopanoides. O primeiro composto da familia do hopano que se illou e caracterizou foi a hidroxihopanona, atopada na resina dammar. O nome hopano deriva de Hopea, un xénero de árbores do que se obtén a resina dammar.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bacteriohopanopoliol

Categoría:Triterpenos Categoría:Hidrocarburos Categoría:Ciclopentanos