Xosé Antonio Palacio Sánchez, nado en Ferreira de Pantón, é un filólogo e tradutor galego, catedrático de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo até a súa xubilación en 2017. Foi un dos fundadores da Facultade de Filoloxía e Tradución desa universidade.
Traxectoria Estudou Maxisterio en Ourense, rematando en 1968, e despois licenciouse en 1974 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en 1981 coa tese Toponimia del ayuntamiento de Pantón (Lugo), dirixida por Constantino García. Exerceu a docencia durante máis de catro décadas, primeiro como mestre de escola e despois como profesor universitario en Ourense, Pontevedra e, por último, no campus de Vigo.
Destacou como experto en onomástica e fundou a Asociación Galega de Onomástica, creada en Santiago de Compostela en 1999Quen Somos na páxina web da Asociación.. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.
Tamén cultivou a tradución literaria, e participou en proxectos colectivos como a tradución ao galego de Don Quixote da Mancha.
Ocupouse da coordinación editorial da colección literaria Xuvenil Alfaguara.
Notas
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Pantón Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega