Felis margarita é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos e tribo dos felininos, pertencente ao xénero Felis.Felis margarita Loche, 1858 en MSW. Consultado o 3 de abril de 2020.Felis margarita Loche, 1858 no ITIS. Consultado o 3 de abril de 2020.
É o membro máis pequeno do xénero Felis xunto co gato de patas negras (Felis nigripes), xa que apenas alcanza os 50 cm de lonxitude de cabeza e tronco, aos que hai que sumar outros 30 cm de cola; os machos máis grandes non chegan a pesar 3,5 kg.
Distribúese polas zonas desérticas do Norte de África e de Asia occidental, polo que e coñecido na bibliografía internacional como gato do deserto ou gato das areas.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1824 polo militar e naturalista francés Victor Loche, nun traballo publicado na Rev. Mag. Zool. París. Serie 2 (10): 49.
O seu espécime tipo foi atopado por Loche preto da localidade alxeriana de Négonca, no norte do Sáhara, e parece terse perdido.Schauenberg, P. (1974): "Données nouvelles sur le Chat des sables Felis margarita Loche, 1858" (PDF) . Revue Suisse de Zoologie 81 (4): 949–969. Arquivado do orixinal o 3 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de abril de 2020.
Etimoloxía Para a do xénero, véxase Felis.
O epíteto específico é unha homenaxe que Loche lle fixo ao xeneral de división francés Jean-Auguste Margueritte.Cole, F. R. & Wilson, D. E. (2015); "Felis margarita (Carnivora: Felidae)". En Mammalian Species 47 (924): 63–77.
Subespecies Segundo o Mammal Species of the World, na especie recoñécense na actualidade (2020) as cinco subespecies seguintes:
Felis margarita airensis Pocock, 1951. Felis margarita harrisoni Hemmer, Grubb & Groves, 1976. Felis margarita margarita Loche, 1858.Felis margarita margarita en MSW. Felis margarita meinertzhageni Pocock, 1938. Felis margarita scheffeli Hemmer, 1974. Felis margarita thinobia (Ognev, 1927).Kitchener, A. C. et al. (2017): "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News Special Issue 11: 14−15.Felis margarita thinobia en MSW.
Notas taxonómicas Eremaelurus thinobius foi proposto como especie por Sergey Ognev en 1926. Este espécime fora recolectado no deserto de Karakum en Turkmenistán. En 1938, Reginald Innes Pocock tamén considerouno como unha especie, pero subordinouno ao xénero Felis usando o nome científico Felis thinobius. Máis tarde considerouno como unha subespecie de Felis margarita, o que até o día de hoxe é amplamente recoñecido. F. m. aïrensis foi proposto por Pocock en 1938 baseándose unha femia encontrada nas montañas Aïr en 1937. En 1974, F. m. margarita, F. m. thinobia e F. m. scheffeli foron recoñecidas temporalmente como taxons válidos. Nese momento considerouse posíbel que os gatos de area eventualmente rexistrados en Afganistán e Irán puideran constituír subespecies distintas. En 2005, F. m. margarita, F. m. thinobia, F. m. scheffeli e F. m. harrisoni foron recoñecidas como válidas por W. Chris Wozencraft en Mammal Species of the World, pero F. m. meinertzhageni e F. m. aïrensis consideráronse sinónimos de F. m. margarita.
Finalmente, o Grupo de expertos en gatos da UICN revisou a información existente e, en 2017, recoñeceu só dúas subespecies: F. m. margarita Loche, 1858: morfoloxicamente distínguese polo seu tamaño máis pequeno e a súa pelaxe manchada ou raiada de cor amarelo, que se encontra no norte de África, e F. m. tinobia (Ognev, 1927): de maior tamaño e con marcas reducidas, e unha pelaxe máis escure e gris, que habita en Asia occidental e central.
Características As principais características desta especie son: É un gato pequeno que mide de entre os 42 e os 52 cm de lonxitude de cabeza e tronco, cunha cola de entre 23 e 31 cm, e cunha altura na cruz de entre 24 e 30 cm. O seu peso oscila entre os 2,1 e os 3,4 kg nos machos e de 1,3 a 3,1 kg nas femias, que son máis pequenas. A súa cara é aparentemente ancha, xa que as orellas están situadas lixeiramente baixas na cabeza, e teñen unha forma ensanchada. A pelaxe é máis ben mesta e suave. A coloración da cara é abrancazada, presentando no dorso das orellas manchas negras, e na parte interior destes longos pelos brancos; a coloración xeral do corpo é amarela areosa apagada, máis escura no lombo e máis clara nos flancos, co ventre abrancazado, con tonalidades de cor amarela apagada. Presenta dúas bandas apardazadas escuras na parte superior das extremidades dianteiras, e aneis escuros na porción terminal da cola. As lantas dos pés están provistas de longos pelos grises. Os individuos xoves está máis fortemente marcados con manchas que os adultos. Presenta glándulas externas, os machos posúen óso peneano, e a súa dentición é como a do Felis silvestris lybica, pero co primeiro molar notabelmente máis pequeno.
Hábitat e distribución O gato das areas é un habitante típico das zonas desérticas, tanto en desertos de area coma pedregosos, distribuíndose de forma descontinua nos desertos do norte de África, o suroeste de Asia e Asia central, localizándose en zonas de vexetación escasa que poidan albergar pequenos roedores.Nowell, K. & Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. IUCN/SSC Cat Specialist Group. Gland, Switzerland and Cambridge, UK. ISBN 2-8317-0045-0. Prefire terreos chans ou lixeiramente ondulados con escasa vexetación e evita as dunas espidas, onde hai presas escasas. Refúxiase en matogueiras cando as condicións climáticas son extremas, como cando as temperaturas son de –5 °C ou de 52 °C. En Marrocos encóntrase en areais con herbas perennes, matogueiras baixas e árbores de Acacia sp.Sliwa, A.; Breton, G. & Chevalier, F. (2013): "Sand cat sightings in the Moroccan Sahara". Cat News 59: 28-30. En Irán, os seus principais hábitats son as dunas con árbores de Haloxylon sp. e chairas áridas con pouca vexetación.Ghadirian, T.; Akbari, H.; Mohammadreza, B.; Ghoddousi, A.; Hamidi, A. Kh. & Dekhordi M. E. (2016): "Sand cat in Iran: present status, distribution and conservation challenges". Cat News Special Issue 10. Na península Arábiga áchase principalmente en hábitats areosos, pero tamén en áreas de substrato rochoso duro, como chairas de grava e campos de lava volcánica.Cunningham, P. L. (2002): "Status of the Sand Cat, Felis margarita, from the United Arab Emirates". Zoology in the Middle East 25: 9-14.Banfield L. M. & al Qahtani, H. M. D. (2014): Arabian Sand Cat (Felis margarita harrisoni). Status Reveiw and Conservation Strategy. Al Ain Zoo, Abu Dhabi, United Arab Emirates, pp 1-32. Está presente en desertos pétreos. Cos sues pés peludos, está ben adaptado aos ambientes extremos do deserto, vivindo en zonas afastadas da auga e tolera as extremas temperaturas cálidas e frías.Sliwa, A. (2013): "Felis margarita". En: Kingdon, Jonathan; David Happold, Thomas Butynski, Michael Hoffmann, Meredith Happold & Jan Kalina (2013): Felis margarita en Mammals of Africa Volumes I-VI. London, UK: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. (Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses).
Bioloxía Felis margarita é un animal solitario, de hábitos nocturnos, agochándose polo día en tobos escavados nas dunas ou ao pé de matogueiras. Aliméntase de animais pequenos (sobre todo roedores do deserto), esquíos terrestres e outros mamíferos até do tamaño das lebres, e tamén de aves, réptiles e insectos.
Ten un sentido do oído extremadamente bo, unha vista moi boa, pero un olfacto moderado.
Alcanza a madurez sexual probabelmente aos 10 ou 12 meses de idade. A época de cría é de marzo a abril. Tras un período de xestación de 63 días as femias paren en tbo ou entre rochas, e teñen unhas camadas de 2 a 4 gatiños que pesan ao naceren entre 50 e 60 g, e teñen unha lonxitude de cabeza e tronco de aproximadamente 12 cm, e unha cola de aproximadamente 6 cm. As crías ao cabo dunha semana pesan xa aproximadamente 100 g, e ás 4 semanas máis de 300 Abren os ollos ás 2 semanas. Ás tres semanas ou tres semanas e media abandoan o niño, e comen o seu primeiro alimento sólido ás 5 semanas, facéndose independentes da súa nai aos 3 ou 4 meses.
Os seus principais inimigos son as serpes velenosas, os chacais e as rapaces nocturnas grandes. En catividade ten unha lonxevidade de até 8 anos.
Ameazas A degradación e a perda do seu hábitat considéranse as principais ameazas para o gato das areas. Moitas zonas onde vive son frecuentemente visitadas por humanos, animais domésticos e comensais, como o raposo (Vulpes vulpes). Os ecosistemas áridos están a seren degradados rapidamente polo desenvolvemento de infraestruturas e o asentamento e as actividades humanas, especialmente polo pastoreo de gando.Allan, T. & Warren, A. (1993): Deserts: the encroaching wilderness. London, UK: IUCN and Mitchell Beazley. ISBN 978-1-8573-2972-8.Al-Sharhan, A. S.; Wood, W. W., Goudie, A. S.; Fowler, A. & Abdellatif, E. M. (2003): Desertification in the Third Millennium. Boca Raton, Florida, USA: CRC Press. ISBN 978-9-0580-9571-8.
Máis recentemente foron identifiadas ameazas adicionais como a introdución de cans e gatos domésticos asilvestrados, que representan unha competencia directa na depredación, ademais de transmitiren enfermidades.Otrowski, S.; Van Vuuren, M.; Lenain, D. M. & Durand, A. (2003): "A serologic survey of wild felids from central west Saudi Arabia". Journal of Wildlife Diseases 39: 696-701.
Estado de conmservación Seguno os expertos da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie, aínda que se encontra na súa ampla área de distribución con baixas densidades, e que os rexistros confirmados son escasos, supera, no entanto, os limiares para a categoría de ameazada de acordo con varios criterios, polo que cualifica o seu status como LC (poucos preocupante).Sliwa, A.; Ghadirian, T.; Appel, A.; Banfield, L.; Sher Shah, M. & Wacher, T. (2016): Felis margarita na Lista vermella da UICN. Versión 2020-1. Consultada o 3 de abril de 2020.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A. Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-0021-9778-2. Kingdon, Jonathan; David Happold, Thomas Butynski, Michael Hoffmann, Meredith Happold & Jan Kalina (2013): Felis margarita en Mammals of Africa Volumes I-VI. Londres, Reino Unido: Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. (Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses). Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-6030-1019-0. Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-0356-0453-2. Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): "Sand Cat Felis margarita (Loche, 1858)". En: Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7. Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres, Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Carnívoros Feliformes Félidos Felinos Felininos Felis
Ligazóns externas Sand Cat Working Group Sand Cat Sahara Team 2017 : First footage of wild sand cat kittens Al Ain Zoo: Arabian Sand Cat
Categoría:Felis Categoría:Mamíferos de África Categoría:Mamíferos de Asia Categoría:Animais descritos en 1858