O Rally da Coruña de 1995 foi a 13ª ediciónEn 1983 xa se disputara a 13ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo. de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys e foi proba reserva do Campionato de Europa de Rally. Celebrouse entre o 17 e o 18 de setembro de 1995 e o vencedor foi Miguel Martínez-Conde.
Itinerario Constou de 18 treitos que sumaban 229,28 km. O día 17 disputáronse os tramos de Aranga, Monfero e Campolongo, con dúas pasadas a cada un e o domingo os demais: Rus, Couso, Santo Adrián, A Tablilla, Meirama e Soandres, tamén con dúas pasadas por cada un deles.
Resumo A carreira resultou nun man a man entre o cántabro Miguel Martínez-Conde e o ferrolán Germán Castrillón, duelo que rematou no penúltimo treito ao sufrir Castrillón unha saída da estrada e a rotura do cárter. Aproveitou o seu abandono Óscar Outeiriño, que se fixo coa segunda praza, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno Javier Azcona, que remontou posicións tras un mal comezo de rally no que tivo que substituír o palier e sufriu unha penalización de 4 minutos. Por detrás chegou Miguel Dopico, que coa cuarta praza e o abandono de Castrillón, asegurou matematicamente o título de campión de Galicia de rally.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Miguel Martínez-Conde Felipe AlonsoRenault Clio Williams2h44:452 Óscar Outeiriño Ramón PereiraBMW M32h53:143 Javier Azcona Inma VittoriniRenault Clio Williams2h54:054 Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort RS Cosworth2h58:475 Antonio Garrido José Alfonso ÁlvarezFord Escort RS Cosworth3h00:386 David Nafría Queralt DíazPeugeot 106 Rallye3h05:427 Vicente Pastor José Antonio SantallaPeugeot 106 Rallye3h08:248 Roberto Solís Vicente PastorPeugeot 106 Rallye3h11:119 Manuel García Lorenzo José Manuel PinalRenault Clio Williams3h13:4410 Ruperto Reguera Alberto Iglesias PinRenault Clio Williams3h18:0511 Félix Álvarez Hugo FeitoRenault Clio Williams3h18:5512 Félix García Miguel Ángel GarcíaHyundai Pony3h19:1813 Vicente Posada Fernando AbaldeCitroën AX GTI3:20:3914 Atanasio Iglesias Francisco CruzHyundai Pony3:20:4615 Ignacio Sanfilippo Eduardo InceraPeugeot 106 Rallye3:22:5916 Roberto Rendal Pablo CandalPeugeot 106 Rallye3:23:2717 José Luis Carrera Fernando PurasRenault Clio Williams3:23:3718 Pedro Burgo Manuel SandamilPeugeot 205 Rallye3:28:2819 Manuel Losada J. M. RamoPeugeot 106 Rallye3:47:2620 Francisco Javier Pedreira Mercedes BouzaCitroën AX GT3:50:05Abandonos- Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS Cosworth- Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën ZX 16V- Roberto Méndez Fernando dos SantosFord Escort RS Cosworth- Daniel Sordo Cayuso Amadeo AguirreFord Escort RS Cosworth- Alfonso Loza José Enrique SerranoRenault Clio Williams- Alberto Tombo Daniel RiveraRenault Clio Williams- Jorge Pérez Pérez Luis Pérez PérezRenault Clio Williams- Miguel Fuster José Vicente MedinaPeugeot 106 Rallye- Rubén González José Iván CaballeroPeugeot 106 Rallye- Luis CarballidoCitroën AX GT- Manuel Cabo Ezequiel NazábalHyundai Pony- Sandro Lóriga Pablo FrancoRenault Clio Williams-T. RodríguezL. GarcíaCitroën AX Sport
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Rally da Coruña 1995 en ewrc.com .
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally