miniatura|180px|Portada de Species Plantarum, 1753. O anteriormente denominado Código Internacional de Nomenclatura Botánica (coñecido polas súas siglas en inglés, ICBN, en galego CINB) pasou a denominarse Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas desde 2011, durante a celebración do XVIII Congreso Internacional de Botánica, celebrado en Melbourne (Australia).

Obxectivo O CINB trátase dun compendio internacional das regras que rexen a taxonomía dos organismos vexetais (en sentido amplo) para os efectos de determinar, para cada taxon vexetal, un único nome válido.

Regulamentación O CINB regulamenta os nomes dos taxons das "plantas verdes" (clado das plantas terrestres e das algas verdes), pero tamén establece regras para determinar os nomes doutros clados de eucariotas que tradicionalmente se estudan nos departamentos de botánica, como as estramenopilas (clado que comprende as algas pardas, as algas douradas, os oomicetos e os mofos acuáticos), algúns organismos do clado dos alveolados que teñen cloroplastos, como os dinoflaxelados, e tamén as algas vermellas, os glaucófitos, os fungos verdadeiros (quítridos, zigomicetos, ascomicetos, basidiomicetos) e varios clados eucariotas "basais" (como as euglenas, os mixomicetos, e os fungos da clase dos Myxogastria).

Organismo competente A promulgación e corrección do CINB está a cargo dos Congresos Botánicos Internacionais (CBI), organizados pola Asociación Internacional para a Taxonomía das Plantas. A edición actual é o chamado Código de Viena, pola cidade onde se celebrou o 17º congreso (2005).Elixiuse dita cidad como homenaxe polo centenario das primeiras regras aceptadas internacionalmente, establecidas en Viena en 1905 durante el 2º CBI, e coñecidas como Vienna Rules (Regras de Viena) Cada código deroga os anteriores e aplícase retroactivamente desde a data fixada como inicio da botánica sistemática en sentido moderno, a publicación en 1753 do Species Plantarum de Linneo.

Principio fundamental

O principio fundamental do CINB é a determinación do principio de prioridade; consérvase, salvo excepcións, o nome correspondente á primeira descrición publicada dun determinado taxon, tratándose os nomes publicados con posterioridade para o mesmo como sinónimos correctos, pero inválidos formalmente. Os nomes pre-linneanos (e os nomes que Linneo publicou antes de 1753, como por exemplo Musa Cliffortiana para a planta que logo se denominaría Musa × paradisiaca, a bananeira) non se consideran vaalidamente publicados.

Á descrición acompaña normalmente un tipo, é dicir, un exemplar do taxon en cuestión preservado e conservado nunha colección ou herbario.

O CINB aplícas non só, como vimos, ao reino Plantae tal como se define hoxe en día, senón a todos os organismos tradicionalmente estudados pola botánica, inclíndo as algas verdeazuladas (ou cianobacterias), os fungos (Fungi) e algúns protistas.

Para a clasificación das especies vexetais cultivadas existe o Código Internacional de Nomenclatura para Plantas Cultivadas, que subministra regeas suplementarias. E a zooloxía e a bacterioloxía teñen os seus propios códigos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Greuter, W. et al. (2000): International Code of Botanical Nomenclature (St. Louis Code). Gantner/Koeltz (contido en liña aquí ) McNeill, J. et al. (2007): International Code of Botanical Nomenclature (Vienna Code) adopted by the Seventeenth International Botanical Congress Vienna, Austria, July 2005. Gantner, Ruggell. ISBN 3-906166-48-1 (contido en liña aquí)

Sandra Knapp, John McNeill & Nicholas J. Turland (2011): "Translation into Spanish of: Changes to publication requirements made at the XVIII International Botanical Congress in Melbourne". Taxon 60 (5). Tradución ao castelán a cargo de Carmen Ulloa Ulloa, Lourdes Rico Arce & Renée H. Fortunato. "Cambios a los requisitos para publicar realizados en el XVIII Congreso Internacional de Botánica en Melbourne". PhytoKeys 6: 39–46. Contido en liña. Werner Greuter & Rosa Rankin Rodríguez, trad. (2013): Código Internacional de Nomenclatura para algas, hongos y plantas. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-0009-653-3. Werner Greuter & Rosa Rankin Rodríguez, trad. (2018). Código Internacional de Nomenclatura para algas, hongos y plantas. Edición en español a cargo de Stiftung Herbarium Greuter (Fundación Herbario Greuter). Berlín, Alemaña. ISBN 978-3-9820-1370-1.

Outros artigos Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica Comité Internacional de Taxonomía de Virus

Ligazóns externas

Código de Shenzhen (2018, en inglés. Actual) Código de Melbourne (2011, en inglés. Obsoleto) Código de Viena (2006, en inglés. Obsoleto) Código de Tokio (1994, en inglés. Obsoleto)

Categoría:Botánica Categoría:Taxonomía Categoría:Termos botánicos