miniatura|250px|O Trofeo Aarne Honkavaara no Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Tampere). O Trofeo Aarne Honkavaara (en finés Aarne Honkavaara -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada tempada 1977-78, e recoñece o máximo goleador durante a liga regular. Dende a 1995 recibe o seu nome en honor do ex xogador do Ilves e a selección finlandesa Aarne Honkavaara.
Con cinco trofeos conseguidos ao longo da súa carreira, Arto Javanainen é o xogador que máis veces foi o máximo goleador da liga regular, gañando catro deles cos Ässät da súa Pori natal, e un co TPS de Turku.
Nome
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Aarne Honkavaara recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo Finlandés. Entregado oficialmente dende a tempada 1977-78, se ben as primeiras veces que se premiou ao máximo goleador da SM-liiga o premio non recibía ningún nome en particular, dende 1995 este trofeo e nomeado en honor ao ex xogador Aarne Honkavaara, quen xogou toda a súa carreira como xogador no Ilves de Tampere na SM-sarja. Honkavaara salientou como atacante ao longo da súa curta traxectoria, que se interrompeu cando tiña 29 anos a causa dunha lesión cando estaba a xogar coa súa selección nacional.
Historia O Trofeo Aarne Honkavaara recoñece ao máximo goleador da SM-liiga durante a liga regular. Entregouse por primeira vez na tempada 1977–78, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi o finlandés Markku Kiimalainen, do Kärpät de Oulu. Foi precisamente esa mesma tempada cando a liga comezou a premiar aos xogadores máis destacados, mais non foi ata a década de 1990 cando estes galardóns comezaron a nomearse en honor ás lendas do hóckey sobre xeo finlandés.
Na tempada 1987–88, o xogador de TPS Arto Javanainen conseguiu o rexistro récord de 47 goles anotados na liga regular, a pesar do cal o seu equipo non conseguiu a clasificación para os play-offs ao finalizar na quinta posición con dous puntos menos que Lukko. En 2020 ningún xogador conseguira superar a marca de Javanainen.
O primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o galardón foi o checo Tomáš Kapusta, quen anotou 30 goles para o HPK de Hämeenlinna durante a tempada 1992–93. Dous anos máis tarde, en 1995 bautizouse o trofeo co nome do antigo xogador do Ilves Aarne Honkavaara.
Na tempada 2019–20 o xogador de JYP Julius Nättinen fíxose co trofeo ao anotar 33 goles. Por mor da panedmia por coronavirus, esa tempada a liga regular non se completou e o seu equipo, como case todos os da Liiga, disputou 59 partidos en lugar dos 60 que se debían xogar.
Gañadores miniatura|250px|Na tempada 1982–83 Raimo Summanen converteuse no primeiro xogador en superar a marca de 40 goles nunha tempada durante a liga regular. En 1990 conseguiu o seu segundo galardón logo de registrar 39 goles na liga regular. miniatura|250px|Teemu Selänne conseguiu o trofeo na tempada 1991–92, xusto antes de comezar a súa carreira na National Hockey League cos Winnipeg Jets. miniatura|250px|O canadense Dale McTavish conseguiu o galardón co menor número de goles na tempada 1997–98 cun total de 25. Tempada Equipo Xogador Goles Nacionalidade Ref. 1977–78 Kärpät Markku Kiimalainen 31 goles 1978–79 Ässät Kari Makkonen 36 goles 1979–80 HIFK Matti Hagman 37 goles 1980–81 Ässät Arto Javanainen 37 goles 1981–82 TPS Reijo Leppänen 33 goles 1982–83 Ilves Raimo Summanen 45 goles 1983–84 Ässät Arto Javanainen (2.) 37 goles 1984–85 Ilves Mikko Mäkelä 34 goles 1985–86 Ässät Arto Javanainen (3.) 44 goles 1986–87 JyP HT Risto Kurkinen 41 goles 1987–88 TPS Arto Javanainen (4.) 47 goles 1988–89 TPS Jukka Vilander 43 goles 1989–90 Ilves Raimo Summanen (2.) 39 goles 1990–91 Ässät Arto Javanainen (5.) 35 goles 1991–92 Jokerit Teemu Selänne 39 goles 1992–93 HPK Tomáš Kapusta 30 goles 1993–94 TPS Marko Jantunen 29 goles 1994–95 HPK Kai Nurminen 30 goles 1995–96 Lukko Juha Riihijärvi 28 goles 1996–97 Jokerit Petri Varis 36 goles 1997–98 SaiPa Dale McTavish 25 goles 1998–99 Jokerit Pasi Saarela 38 goles 1999–00 TPS Kai Nurminen (2.) 41 goles 2000–01 HIFK Jaroslav Bednář 32 goles 2001–02 Ilves Vesa Viitakoski 34 goles 2002–03 HPK Tomáš Kucharčík 28 goles 2003–04 HIFK Timo Pärssinen 32 goles 2004–05 Lukko Pasi Saarela (2.) 31 goles 2005–06 HIFK Tony Salmelainen 27 goles 2006–07 Jokerit Jani Rita 32 goles 2007–08 Kärpät Janne Pesonen 34 goles 2008–09 HPK Jussi Makkonen 27 goles 2009–10 Jokerit Jukka Hentunen 28 goles 2010–11 Jokerit Janne Lahti 37 goles 2011–12 Ässät Tomáš Záborský 35 goles 2012–13 Kärpät Juha-Pekka Haataja 28 goles 2013–14 Tappara Olli Palola 27 goles 2014–15 Tappara Olli Palola (2.) 29 goles 2015–16 SaiPa Chad Rau 28 goles 2016–17 Tappara Veli-Matti Savinainen 30 goles 2017–18 Kärpät Charles Bertrand 32 goles 2018–19 KooKoo Malte Strömwall 30 goles 2019–20 JYP Julius Nättinen 33 goles 2020–21 Ässät Sebastian Wännström 33 goles 2021–22 Tappara Anton Levtchi 26 goles 2022–23 JYP Reid Gardiner 27 goles 2023–24 Kärpät Teemu Turunen 30 goles 2024–25 HIFK Iiro Pakarinen 30 goles
Gañadores por equipo O equipo para o que máis xogadores alzaron o trofeo é Jokerit de Helsinqui, cun total de seis xogadores, cada un cun trofeo. Os dous equipos que máis xogadores achegaron ao palmarés do galardón foron o propio Jokerit e Ässät, con seis títulos cada un, se ben só tres xogadores alzaron o trofeo xogando no equipo de Pori. Xogadores doutros dez equipos gañaron o trofeo Aarne Honkavaara ata a tempada 2019-2020:
EquipoNº de xogadoresTotal trofeosÄssät47Jokerit66TPS55Kärpät55HIFK55HPK44Ilves34JYP33Tappara23Lukko22SaiPa22KooKoo11
Máximos goleadores antes da implantación do trofeo Antes da creación do galardón os máximos goleadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés foron os seguintes:
Tempada Equipo Xogador1977 Tappara Matti Jarkko 1976 Lukko Jouni Rinne 1975 TPS Seppo Repo 1974 HIFKTuToJokerit Matti HagmanReijo LeppänenTimo Turunen 1973 Jokerit Timo Turunen 1972 Ilves Pekka Leimu 1971 HIFK Juha Rantasila 1970 Ilves Lasse Oksanen 1969 Ilves Pekka Leimu 1968 Ilves Pekka Leimu 1967 RU-38 Matti Keinonen 1966 Ilves Jorma Peltonen 1965 HIFK Gerald Sullivan 1964 Tappara Timo Ahlqvist 1963 Lukko Pentti Jokinen 1962 HJKTK-V Pentti KatainenErkki Suokko 1961 Tappara Timo Ahlqvist 1960 TK-V Heino Pulli 1959 KalPa Ossi Hyppönen 1958 KalPa Ossi Hyppönen 1957 Jymy Eino Pollari 1956 Tappara Esko RekomaaYrjö Hakala 1955 HIFK Esko Rekomaa 1954 HPK Yrjö Hakala 1953 KIF Aarre Klinga 1952 Ilves Aarne Honkavaara 1951 Tarmo Matti Karumaa 1950 Tarmo Matti KarumaaKeijo Kuusela 1949 Tarmo Matti Karumaa 1948 Ilves Aarne Honkavaara 1947 Tarmo Keijo Kuusela 1946 Ilves Aarne Honkavaara 1945 TarmoKIF Keijo KuuselaErik Hedman 1944 Ilves Aarne HonkavaaraMatti Rintakoski 1943 TPS Anton Honka 1941 KIF Holger Granström 1939 KIF Holger Granström 1938 IlvesKIF Matti WasamaEdmund Sjöberg 1937 Ilves Jussi Tiitola 1936 Ilves Jussi Tiitola 1935 Ilves Jussi Tiitola 1934 IlvesHPS Jaakko TiitolaHolger Stordell (Sarmola)
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Trofeos da SM-liiga
Ligazóns externas Sitio web da Liiga
Categoría:Trofeos da SM-liiga