Ann Radcliffe (de solteira Ann Ward), nada en Holborn (Londres) o 9 de xullo de 1764 e finada o 7 de febreiro de 1823, foi unha novelista británica coñecida como pioneira da novela gótica de terror. A súa técnica de explicar elementos aparentemente sobrenaturais nas súas novelas considérase que lle deu respectabilidade á ficción gótica na década de 1790.The British Library Consultado o 12 de novembro de 2016. Radcliffe era a escritora máis popular da súa época e case universalmente admirada e a súa popularidade continuou durante o século XIX. O interese na súa obra reviviu no século XXI coa reimpresión das súas obras e a publicacións de varias biografías.Chawton House Library: Ruth Facer, "Ann Radcliffe (1764–1823)", consultado o 1 de decembro de 2012.

Traxectoria Ann Ward era filla de William Ward (1737–1798), comerciante que se mudou coas súa familia a Bath para encargarse dunha tenda de porcelana en 1772. A súa nai era Ann Oates (1726–1800) de Chesterfield.

No ano 1788 contraeu matrimonio con William Radcliffe (1763–1830), editor e copropietario do English Chronicle da cidade de Bath. El adoitaba chegar tarde á casa, e para ocupar o seu tempo, ela comezou a escribir e lerlle o seu traballo cando volvía. O matrimonio non tivo fillos e foi aparentemente feliz. Radcliffe dixo del que era "o seu amigo e parente máis achegado". Os cartos que gañou coas súas novelas permitíronlles viaxar xuntos co seu can, Chance. Nos seus últimos anos, Radcliffe retirouse da vida pública e rumoreouse que toleara como resultado da escritura. Os rumores creceron porque Radcliffe deixou de escribir tras publicar cinco novelas, a pesar de que as tres últimas tiveron moito éxito. Mantívose recluída durante vinte e seis anos, sen dar explicacións aos seus seguidores.

Publicou en 1789 The Castles of Athlin and Dunbayne. Ambientada en Escocia, esta obra recibiu escasa atención por parte da crítica e do público, mais fixou o ton que predominou no resto da súa produción, na que sempre aparecía algunha moza inocente e heroica no marco dun tétrico e misterioso castelo en mans dun aínda máis misterioso señor de escuro pasado.

Nos anos seguintes escribiu outras catro novelas, ambientadas en lugares que resultaban exóticos para os seus lectores. As súas novelas foron tremendamente populares entre a clase alta e media alta, e eran devoradas polas rapazas que se sentían identificadas coas súas intrépidas heroínas. Así, escribiu A Sicilian Romance (1790), The Romance of the Forest (1791), The Mysteries of Udolpho (1794) e The Italian (1796). Igualmente, escribiu un volume no que describiu as súas viaxes aos Países Baixos, Alemaña e Lake District.

O éxito de The Romance of the Forest colocou a autora como máximo expoñente da novela histórica. As súas últimas novelas espertaron un interese aínda maior, o que provocou un gran número de imitadores de todo tipo.

Ann Radcliffe faleceu o 7 de febreiro de 1823 de insuficiencia respiratoria, probablemente derivada dunha pneumonía. Postumamente publicáronse unha novela, Gaston de Blondeville, e o relato "St Albans Abbey, a Metrical tale".

Novelas The Castles of Athlin and Dunbayne (1 vol.) 1789 A Sicilian Romance (2 vols) 1790 The Romance of the Forest (3 vols) 1791 The Mysteries of Udolpho (4 vols) 1794 The Italian (3 vols) 1797 Gaston de Blondeville (4 vols) 1826

Influencia noutros escritores Radcliffe influíu en moitos escritores posteriores, tanto inspirando máis ficción gótica como inspirando parodias. No século XVIII, inspirou autores como Matthew Lewis (1775–1818) e o Marqués de Sade (1740–1814), que eloxiou a súa obra aínda que produciu ficción máis violenta. Radcliffe tivo un gran número de imitadoras menores como Harriet Lee e Catherine Cuthbertson. Jane Austen (1775–1817) definiu a súa ficción como contraste coa de Radcliffe e autores coma ela, especialmente en A abadía de Northanger (1817), parodia de Austen de The Mysteries of Udolpho. Os estudosos tamén atoparon numerosas alusións ás novelas e a vida de Radcliffe na obra de Austen.William Baker, Critical Companion to Jane Austen: A Literary Reference to Her Life and Work (Facts on File, 2007); véxase entrada sobre Radcliffe, páx. 578.

No século XIX influíu, entre outros, en Edgar Allan Poe e no novelista escocés Walter ScottStanley Kunitz and Howard Haycraft, eds, British Authors Before 1800: A Biographical Dictionary (NY: H. W. Wilson, 1952), p. 427. e na pensadora Mary Wollstonecraft. Tamén foi admirada por autores franceses como Honoré de Balzac (1799–1850), Victor Hugo (1802–1885), Alexandre Dumas (1802–1870) e Charles Baudelaire (1821–1867). A novela de Honoré de Balzac L'Héritière de Birague (1822) segue a tradición do estilo de Radcliffe e paródiao.Samuel Rogers, Balzac and the Novel (Octagon Books, 1969), páx. 21. Tamén aluden a Radcliffe nas súas obras outros importantes escritores como Maria Edgeworth, Charles Dickens e Henry James.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Rogers, Deborah. The Critical Responses to Ann Radcliffe Ligazóns externas Listing in 'The Litarary Gothic' Listing in The Victorian Web Book description for Gaston de Blondeville at Valancourt Books Ann Radcliffe, la reina de lo gótico

Categoría:Nados en Camden Categoría:Nados en 1764 Categoría:Finados en 1823 Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Novelistas do Reino Unido