Para o escritor e académico sueco do mesmo nome, véxase Torgny Lindgren
Axel Torgny Lindgren, nado o 20 de outubro de 1905 en Örebro e finado o 27 de agosto de 1984, foi un funcionario do Banco de Suecia (Sveriges riksbank) e un numismático sueco.
Traxectoria Torgny Lindgren naceu o 20 de outubro en Örebro, fillo dos agricultores Axel Lindgren e de Frida Wahlgren."Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.
Logo da súa graduación na universidade en 1924, Lindgren ingresou como funcionario do banco central sueco en 1929 no que ocupou o cargo de comisario entre 1955 e 1968.
En 1975 acadou o seu doutoramento pola Universidade de Uppsala, cunha tese titulada Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1807 ("Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807").Véxase (1975) en "Publicacións".
Paralelamente á súa vida profesional, Lindgren foi un estudoso da numismática. Foi membro da Sociedade Numismática Sueca, que chegou a presidir entre 1953 e 1961,"SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen. e a partir de 1965 foi nomeado membro honorario.
Tamén ingresou como membro correspondente na Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, en 1953.
Recoñecementos
(1966): Medalla Illis quorum (8ª clase), do Goberno de Suecia. (1976): Medalla ao mérito da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s förtjänstmedalj". Svenska Numismatiska Föreningen. (1981): Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
Publicacións Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Lindgren ao longo da súa traxectoria:"Lindgren, Torgny 1905-1984". WorldCat Identities.
(1953). Sveriges mynt 1719-1776 ["Moedas de Suecia 1719-1776"]. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. (1963). Til finska allmogens mera trygghet. En studie kring finska språket på rikets ständers banks sedlar ["Para maior seguridade dos cidadáns finlandeses. Estudo da lingua finesa nos billetes de banco do reino"]. Finlands banks Institut för ekonomisk forskning, Helsinqui. (1968). Riksbankens sedelhistoria 1668-1968 ["Historia dos billetes do Riksbank 1668-1968"]. Sveriges Riksbank / Rabén & Sjögren, Estocolmo. (1968). Några handlingar om Bellman i Riksbanken ["Algúns documentos sobre Bellman no Riksbank"]. Sveriges Riksbank, Estocolmo. (1975). Banko- och riksgäldsrevisionerna 1782-1897 ["Auditorías bancarias e da débeda 1782-1807"". Uppsala universitet, Uppsala. ISBN 9789155403249 [Tese de doutoramento]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"Lindgren, A. Torgny". En Vem är det: Svensk biografisk handbok. P. A. Norstedt & Söners Förlag, Estocolmo. 1969. Páxinas 582-583.
Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en Örebro Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Presidentes da Sociedade Numismática Sueca Categoría:Arqueólogos de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Personalidades sen imaxes