miniatura| Escudo dos condes de Borgoña a partir de 1280 Xoana III de Borgoña, nada en 1308 e finada en 1347, foi condesa de Borgoña e Artois (1330 - 1347) e duquesa consorte de Borgoña (1318 - 1347). Traxectoria Orixes familiares Naceu o 2 de maio de 1308, filla máis vella do rei Filipe V de Francia e da condesa Xoana II de Borgoña. Era neta por liña paterna do rei Filipe IV de Francia e a raíña Xoana I de Navarra, e por liña materna do conde Odón IV de Borgoña e de Matilde de Artois.

Matrimonios e descendentes Casou co duque Odón IV de Borgoña o 18 de xuño de 1318 en Nogent-sur-Seine. Desta unión naceron:

un fillo morto (1322). o infante Filipe de Borgoña (1323 - 1346), pai do duque Filipe I de Borgoña o infante Xoán de Borgoña (1325 - 1328). un fillo morto (1327). un fillo morto (1330). un fillo morto (1335).

Condado de Borgoña En 1330 á morte da súa nai Xoana II de Borgoña herdou o condado de Borgoña, ao mesmo tempo que o seu marido foi nomeado, uníndose así os dous títulos da rexión de Borgoña.

Xoana III de Borgoña morreu o 13 de agosto de 1347, sendo sepultada na abadía de Fontenay. Véxase tamén

Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Condes de Artois Categoría:Condes de Borgoña Categoría:nados en 1308 Categoría:finados en 1347