Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, é unha numismática italiana.

Traxectoria Alessia Rovelli, nada en Roma en 1957, licenciouse en Historia Medieval na Universidade de Roma La Sapienza, e especializouse na Escola Nacional de Arqueoloxía, adscrita á mesma universidade. Posteriormente doutorouse na Universidade de Florencia."Alessia Rovelli. CV ". Università di Siena.

Rovelli impartiru clases de Numismática Medieval na Universidade de Venecia, de Numismática Antiga na Universidade de Trieste, de Historia Monetaria do Occidente Medieval na Universidade de Roma e de Numismática da Antigüidade Tardía na Escola Italiana de Arqueoloxía de Atenas. Finalmente, accedeu a un posto como profesora asociada de Numismática na Universidade de Tuscia en Viterbo.

Entre 2003 e 2007 participou, xunto con C. Morrison e outros investigadores, nun programa de investigación sobre as emisións de prata da época carolinxia, no seo do Gabinete de Medallas de París e do Centro Ernest babelon (CNRS) de Orleáns.

Entre outras publicacións, Alessia Rovelli formou parte dos comités científicos e de dirección de diversas publicacións periódicas, como a Revue Numismatique, o Journal of Archaeological Numismatics ou os Annali do Istituto Italiano di Numismática.

Recoñecementos

(2013): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).

Publicacións Esta é unha escolma das abundantes referencias bibliográficas producidas por Alessia Rovelli ao longo da súa carreira:"Rovelli, Alessia 1957- ". Digital Library Numis."Rovelli, Alessia". WorldCat Identities."Alessia Rovelli". Academia.edu

(1995). l denaro carolingio nel Meridione d'Italia. Una discussione da riaprire. Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica 42. Páxinas 255-262. (2000). "Some considerations on the coinage of Lombard and Carolingian Italy" (con I. L. Hansen e C. Wickham) The long eighth century. Brill, Leiden. Páxinas 195-223. (2003). "I denari di Carlo Magno con la legenda +CARLVS REX FR ET LANGACPATROM e il monogramma in greco". En Annali dell’Istituto Italiano di Numismatica 50. Páxinas 217-225. (2009). "Patrimonium beati Petri : emissione e circolazione monetaria nel Lazio settentrionale (XI-XIV secolo) ". En Annali dell'Istituto Italiano di Numismatica 55. Páxinas 171-194. (2009). "Emission monétaire et administration dans le royaume d'Italie, a propos des analyses des deniers carolingiens du Cabinet des Médailles. En Revue Numismatique, 165. Páxinas 187-201. (2010). "Nuove zecche e circolazione monetaria tra X e XIII secolo : l'esempio del Lazio e della Toscana ". En Archeologia Medievale 37. Páxinas 163-170. (2011). "Le zecche nell’Italia carolingia e ottoniana. Un quadro d’insieme". En Travaini, L.; e Bazzini, M. Le zecche italiane fino all'Unità. Istituto poligrafico e Zecca dello Stato, Roma. (2011). "Archeologia Medievale 37". En Archeologia Medievale 37. Páxinas.163-170.Notas

Notas

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Roma Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Alumnos da Universidade Sapienza de Roma Categoría:Profesores da Universidade da Tuscia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Venecia Categoría:Profesores da Universidade de Trieste