miniatura|210x210px|Nomos do Baixo Exipto BubastisNome grego: Βούβαστις segundo Heródoto (II, 59, 137) ou Βούβαστος segundo Estrabón (XVII 805) e Diodoro (XVI, 51). (Per-Bastet en antigo exipcio ou Tell Basta en árabe) é unha antiga cidade exipcia, capital do XVIII nomo do Baixo Exipto (Am-Khent). Está situada preto da actual cidade de Zaqaziq, na zona oriental do delta do Nilo. Foi identificada coa Phibeseth ("casa de Bastet") da Biblia.Ezequiel 30:17

Foi o principal centro de culto á deusa felina Bastet. No século V a.C, o historiador grego Heródoto escribiu unha descrición da cidade e das peregrinacións en honra á deusa.

Historia Os estratos máis antigos datan do Imperio Antigo. Atopáronse referencias a reis da IV dinastía, así como templos da VI dinastía (Teti e Pepi I) e unha necrópole.

O Terceiro Período Intermedio de Exipto é a época de maior prosperidade de Bubastis. Foi sobre todo durante as dinastías XXII e XXIII, a partir de que o faraón libio Sheshonq I a convertese en residencia real. A súa importancia decaeu tras a conquista persa de Cambises II en 525 a.C..

Durante a XXII dinastía, a cidade era unha das máis importantes do delta. Inmediatamente ao sur de Bubastis estaban as terras con que Psamético I recompensou os servizos dos seus mercenarios.Heródoto, libro II, 154 Ao norte da cidade comezaba a gran canle que o faraón Necao II fixo construír entre o Nilo e o mar Vermello.Heródoto, II, 158. Despois de tomar Bubastis, o exército persa destruíu as murallas.Diodoro, XVI. 51 A partir deste período declinou gradualmente, malia aparecer nos anais eclesiásticos entre as ses episcopais da provincia Augustamnica Secunda. Existe constancia de moedas cuñadas en Bubastis da época de Adriano.

miniatura|Bastet representada con cabeza de leoa

Relixión Bubastis era o centro da adoración da deusa Bastet, identificada coa deusa grega Artemisa. O gato era o seu animal sagrado, quen é representada con cabeza de gata ou de leoa. Acompaña con frecuencia ao deus Ptah nas inscricións monumentais. No templo, amais, había unha necrópole para gatos.

As características da cidade e do nomo de Bubastis eran o oráculo de Bastet, o gran templo da deusa e a procesión anual na súa honra. O oráculo gañou sona e importancia trala afluencia da colonización grega no delta. Isto é debido a que a identificación de Bastet con Artemisa atraeu ao seu templo tanto a exipcios como a estranxeiros. O festival de Bubastis era un dos máis alegres e magníficos de todo o calendario exipcio, segundo o descrito por Heródoto:

Restos arqueolóxicos Realizáronse expedicións arqueolóxicas ás ruínas en 1886, 1887 e 1906. Na última descubriuse unha capela da VI dinastía e un templo do século VIII a.C.. miniatura|Capitel de Bubastis coa imaxe de Hator. Museo do Louvre. As ruínas son testemuño da magnificencia orixinal de Bubastis. As murallas miden case 5 km. Dentro do recinto principal, onde está a maior acumulación de ruínas, hai moitos bloques de granito que parecen pertencer a numerosos obeliscos e ao propileo. Segundo Heródoto, a construción dunha barreira de terra arredor da cidade antiga foi iniciada polo faraón Sesostris e terminada polo invasor etíope Sabakos, quen empregou prisioneiros para o traballo.Heródoto, II, 137. A barreira pensouse para protexer das inundacións do Nilo a cidade, os xardíns e os arboredos. Polo aspecto xeral das ruínas e a descrición de Heródoto, parece ser levantada de maneira concéntrica ao redor dos templos de Bastet e Hermes, de modo que o lugar enteiro asemellásese ao interior dun cono invertido. Os únicos edificios en pedra de Bubastis parecen ser os templos e a muralla de granito:

Templo ka de Teti e Pepi I Capelas do Heb Sede de Amenemhat III e Amenhotep III Templo de Bastet, de Osorcón II Templo de Atum, de Osorcón II. Templo de Mihos, de Osorcón III Necrópole de gatos

Notas

Notas Este artigo incorpora texto do Dictionary of Greek and Roman Geography, de William Smith (1856), de dominio público. A referencia animal fai dos gatos os protectores de Exipto.

Categoría:Cidades do Antigo Exipto