Os célticos (en latín: Celctici, que quere dicir celta) é o nome dado aos celtas que habitaban na zona do Alentexo occidental, no sur de Portugal, o sur da provincia de Badaxoz e o norte da provincia de Huelva formando a zona occidental da Beturia: a Beturia Céltica.

Segundo Jorge de Alarção, "a designación Celtici" sería un colectivo que abarcaría a diversos pobos, como os saefes e os cempsii e se cadra tamén os lusitanos. Alarcão, Jorge de. Populi, Castella e Gentilitates. Revista de Guimarães. Volume Especial, I, Guimarães, 1999. Casa de Sarmento. De feito propúxose unha orixe céltica para o etnónimo dos Cempsii que sería unha adaptación grega do orixinal Cimbii así recollido nunha estla do Algarbe para un tal kimbaitis 'dos Cimbios', e que se relaciona co antigo irlandés cimb 'tributo' e cimbid 'dador de tributos - vencido' < *kimbiatis.Koch, John 2009 "A case for Tartessian as a Celtic Language". Palaeohispánica: Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania antigua nº 9, 339-351

As poboacións dos célticos en Lusitania eran Lacóbriga, Caepiana, Braetolaeum, Miróbriga, Arcóbriga, Meribriga, Catraleucus e Arandis..(en inglés)The Geography of Claudius Ptolemy. Book II, Chapter 4. Localización de Lusitania Hispania. (Segundo mapa de Europa).

Os célticos eran veciños dos turdetanos cos que compartían as chairas do Alentexo, ocupando os célticos a parte occidental. É Tolomeo (c. 90 - c. 168), baseado en autores máis antigos como Posidonio e Artemidoro o que distingue entre os dous pobos no século II. Segundo relata Plinio na súa obra, Historia Naturalis os Celticii ocuparon territorio até a Huelva andaluza, como pobo cadete dos Lusitanos, cos cales Plinio identificaba as leis, fala, o seu culto e nomes de oppidas. Os pobos célticos ensinaron a metalurxia do ferro aos habitantes da zona mediterránea.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ángel Montenegro et alii, Historia de España 2 - colonizaciones y formación de los pueblos prerromanos (1200-218 a.C), Editorial Gredos, Madrid (1989) Mattoso, José (dir.), História de Portugal. Primeiro Volume: Antes de Portugal, Lisboa, Círculo de Leitores, 1992. (in Portuguese)

Luis Berrocal-Rangel, Los pueblos célticos del soroeste de la Península Ibérica, Editorial Complutense, Madrid (1992) Plinio o Vello, Historia Naturalis III, 13-14.

Bibliografía adicional Alberto Lorrio J. Alvarado, Los Celtíberos, Universidad Complutense de Madrid, Murcia (1997) Francisco Burillo Mozota, Los Celtíberos, etnias y estados, Crítica, Barcelona (1998, revised edition 2007)

Categoría:Pobos antigos Categoría:Historia antiga de Portugal