Living Plume Shield ou LIPS foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos adicados a probar diferentes tecnoloxías.
Características Os satélites LIPS eran en realidade a cuberta inferior dos dispensadores MSD utilizados para despregar os satélites Parcae e cuxa función era protexer a estes satélites da saída de gases do motor do dispensador. Tres destas cubertas, con forma de aro, foron modificadas para levar a cabo diversos experimentos. Foron enviados ao espazo entre 1980 e 1987 a bordo de foguetes Atlas E e Atlas H.
LIPS 1, xunto con Parcae 4, non chegou ao espazo polo fallo do seu foguete lanzador.
LIPS 2 chegou a órbita e a súa misión consistiu en probar a descarga directa de datos tácticos desde órbita baixa, levando a bordo un transpondedor en UHF dun so canal. Usaba ademais tres paneis solares de dobre cara con diferentes tipos de células solares para producir enerxía eléctrica.
LIPS 3 tamén foi posto en órbita e usouse para probar células solares de nova tecnoloxía.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasLIPS 19 de decembro de 1980Atlas EFalloLIPS 29 de febreiro de 1983Atlas HÉxitoLIPS 315 de maio de 1987Atlas HÉxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Atlas E Atlas H
Categoría:Satélites artificiais