Ling Qiao ou LQ é un satélite artificial chinés lanzado o 4 de setembro de 2014 mediante un foguete Longa Marcha 2 desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Ling Qiao é un satélite experimental para comunicacións multimedia en órbita baixa desenvolvido pola Universidade de Tsinghua e a empresa Beijing Xinwei Telecom Technology Co.. Ten unha masa de 135 kg e funciona alimentado por paneis solares.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2D

Categoría:Satélites artificiais