Carsen Cade Edwards, nado o 12 de marzo de 1998 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no FC Bayern München da Basketball Bundesliga alemá. Con 1,80 metros de estatura xoga na posición de base.

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Edwards foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 33ª posición do Draft da NBA de 2019, e os seus dereitos foron traspasados ós Boston Celtics. O 14 de xullo de 2019, Edwards asinou cos Celtics. O 23 de outubro de 2019 fixo o seu debut na NBA, na derrota dos Celtics por 93–107 contra os Philadelphia 76ers, facendo tres puntos e un rebote.

O 15 de setembro de 2021, Edwards foi traspasado xunto a Kris Dunn ós Memphis Grizzlies.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Houston, Texas Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Fenerbahçe SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto)