LISA Pathfinder ou LPF foi un satélite artificial da ESA lanzado o 3 de decembro de 2015 mediante un foguete Vega desde o Centro Espacial de Kourou.
Características LISA Pathfinder foi un satélite da Axencia Espacial Europea lanzado para probar novas tecnoloxías a ser usadas no observatorio de ondas gravitatorias LISA. O experimento principal de LISA Pathfinder consistía en medir con precisión extrema os cambios na distancia entre dúas masas en voo libre usando novos sensores e o mesmo tipo de interferometría por láser que usará LISA. Usaba tamén propulsores capaces de proporcionar impulsos de só microNewtons de forza para mover a nave con enorme precisión.
A misión de LISA Pathfinder finalizou o 30 de xuño de 2017 despois de cumprir os seus obxectivos. O 18 de xullo dese ano foi apagado definitivamente.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Vega
Categoría:Satélites artificiais