Maximiliano Segundo Comesaña Pérez, coñecido como Sapo, nado en Priegue (Nigrán) o 30 de decembro de 1912 e finado en Coruxo o 10 de xaneiro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de Salvador Comesaña, natural de Coruxo, e de Rosa Pérez Valverde, de Priegue. Gañaba a vida como mariñeiro en Priegue. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentación e a de Francisco Misa Aballe, José Misa Rodríguez, Juan Manuel Salgueiro Rial, José Fernández Fernández, Benigno Benavides Álvarez, Victorino Hermida Misa e Enrique Giráldez Piña o 24 de agosto.El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Vigo o 7 de novembro con Benigno Benavides Álvarez e José Puentes Méndez.El Pueblo Gallego, 8-11-1936, p. 3. Segundo Carlos Méixome, foi detido e paseado, rexistrado morto en Vigo como Maximino Comesaña Lago, a causa de hemorraxia cerebral por disparo de arma de fogo.Maximino “O Sapo” O cadáver apareceu no Camiño de Fragoselo a Tintoreira (Coruxo). Notas

Véxase tamén Bibliografía Maximino “O Sapo”

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Nigrán Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos