Thomas David Jones, nado en Baltimore, Maryland, o 22 de xaneiro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-59, STS-68, STS-80 e STS-98.
Traxectoria Jones graduouse en ciencias pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en Colorado Springs en 1977 e ten un doutoramento en ciencias planetarias pola Universidade de Arizona en Tucson en 1988.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1990, participando nas misións STS-59, STS-68, STS-80 e STS-98 e pasando 53,03 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-59 STS-68 STS-80 STS-98
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Maryland