O Pazo do Picón, tamén chamado Pazo de San Fernando do Picón, é unha construción barroca do século XVII do lugar do Picón, na parroquia de Arca do concello do Pino.

Descrición O pazo atópase nunha contorna rural, aínda que apenas a un quilómetro da capital municipal, O Pedrouzo, case ao final da rúa do Picón. O acceso ao conxunto palaciano prodúcese a través dun bosque de cedros e eucaliptos, entre outras especies arbóreas de bo porte.

A meirande parte do pazo está construído con bos perpiaños de granito, tanto nas esquinas como nas aperturas (fiestras e portas), completándose os muros con cachotaría de lousa que está extensamente encalada. Ten forma de U aberta con prolongacións ao exterior, especialmente polo corpo duns 130 m² que se estende ao nordés e que, co corpo principal do pazo, presentaría a tradicional forma de L e unha superficie total duns 500 m². Porén, a estes espazos hai que engadirlles outras edificacións de menores dimensións, orientadas ao suroeste, que ocupan unha planta duns 450 m². A disposición de todas estas construcións dá como resultado a aparición de dous patios, un máis pechado que o outro. O patio do suroeste é máis amplo e está rodeado de distintas edificacións, servindo orixinalmente como patio de carruaxes. O patio do nordés é máis pequeno e nel atópase o patín e solaina, dispoñendo de decoración herbácea e limitando co gran xardín exterior. Por fin, separado uns metros no lado sueste, seguindo paralelamente o camiño de entrada, hai un hórreo tipo O Pino de bo tamaño e dúas plantas máis un pombal circular.

Os patios O patio grande conta no seu lado nordés cun patín xunto ao que se atopa unha torre de dous corpos, lixeiramente adiantado con respecto á liña do resto da edificación. A disposición con respecto ao eixo do edificio, o seu escaso volume e os distintos elementos decorativos da torre (a ventá en tripla arcada de medio punto, as ameas, a forma cúbica superposta dos seus corpos que lle dan o aspecto de torreta...) fan considerar que a construción da torre se executou en tempos recentes. De feito, sábese que o corpo superior da torre data de 1958.

O portón arquitrabado da entrada exterior ao patio pequeno está coroado cunha pequena cruz na viga horizontal. Unha vez dentro deste, distínguese ao noroeste a solaina con patín, que no lintel da súa porta ten escrito o ano 1699, o de remate da construción do pazo. Ao seu carón, o lado suroeste presenta un airoso beirado sostido por uns tirantes inhabituais nas construcións galegas. Baixo deste alar, o lenzo divídese en tres partes. A central e a da dereita teñen cadansúa porta e, sobre elas, cadansúa fiestra. A parte esquerda conta cun nicho cunha imaxe no primeiro andar e baixo del un antigo relevo no que se pode ler «PAZO DE S. FERNANDO EL PICON». No centro do patio hai unha pequena sebe circular que rodea unha esvelta árbore. A capela arranca desde este espazo cara ao sueste e conta cunha superficie duns 110 m². A liña que marca a capela é continuada polo exterior por un enreixado sobre un muro que vai bordeando o gran xardín.

miniatura|Escudo de armas do Pazo de Portouteiro, xemelgo ao do Picón Un dos elementos de maior importancia histórica que se atopan neste segundo patio é o escudo de armas. Segundo se entra no patio, encóntrase á dereita da solaina, inserto nunha robusta torre que pode ser xermolo do propio pazo. O primeiro que chama a atención é a súa forma oval en cruz e, polo tanto, dividido en catro carteis. Esta peza está sobre unha cartela que remata a súa parte superior á altura do helmo con senllas volutas. A forma ovalada e a cartela son de gusto barroco e inspiración italiana. Está timbrado cun helmo simple virado á dereita decorado con penacho, propio de fidalgo sen xurisdición. Tras da gola ou colar do helmo parte unha orla vexetal decorativa, en forma de gomos ou follas superpostos, que circunda o escudo. Autores como Martínez-Barbeito e García Iglesias resaltan que este brasón é practicamente idéntico ao que se pode atopar no Pazo de Portouteiro, na veciña parroquia de Medín, datándoos no século XVIII. Ámbolos dous autores descoñecen o motivo polo que locen nestes pazos, o do Picón e o de Portouteiro, posto que as armas que se representan non se corresponden cos propietarios coñecidos dos pazos, a pesar de que algunha fonte insiste en atribuír as súas armas á familia dos Rey do Barreiro sen coincidir exactamente coas que aquí se expoñenSegundo Fariña Couto, con respecto ao seu escudo de armas di: «REY.- De azur, cunha espada de prata gornecida de ouro, alta e posta en banda, acompañada no alto de catro crecentes de prata tornados, colocados en dúas faixas de dous, e no baixo de catro flores de lis de ouro, colocadas en dúas faixas de dúas» , o que non se corresponde co presentado por Moar.. Así pois, seguindo a estes investigadores, nos carteis disponse, de esquerda á dereita e de arriba á abaixo, as armas correspondentes aos apelidos Leis «LEIS (3).- De prata, unha árbore de sinople, acostada de seis lanzas de sable, postas en pal e colocadas en faixa, tres a cada lado». ou CaamañoO brasón deste apelido non se corresponde exactamente co que aparece nestes pazos, posto que adoita representarse con dez lanzas e non só seis., Vilardefrancos «VILLARDEFRANCOS (1).- De goles, un brazo armado, ovente do flanco destro, enarbolando na man unha bandeira de prata, colocada en banda»., Moscoso «MOSCOSO (2).- De prata, unha cabeza de lobo da súa cor, linguada de goles e degolada, sangante». e Pardiñas «PARDIÑAS (1).- De goles, unha torre con homenaxe, de sable, aclarada de goles e saíndo da porta unhas ramas de espiños, sostido todo de ondas de prata e azur».</ref> ou Riobóo<ref> «RIOBOO.- De ouro, cunha torre de pedra, ameada, e saíndo do pé da porta, unha rama con follas de sinople que abrangue a torre, todo sostido de ondas de azur e prata»..

Os espazos axardinados Como se apuntaba liñas atrás, da parte exterior do pazo cómpre referirse ao seu xardín, orientado ao seu nordés, e que conta cunha extensión duns 6 mil m² con forma cadrada e uns 80 m por cada lado. No seu lado suroeste, o máis próximo ao pazo, dispón dun pequeno labirinto de buxo de gusto francés, pero que está inserto nun conxunto que responde á idea de parque-xardín. O do Pazo do Picón é un dos primeiros exemplos da introdución do xardín paisaxista en Galicia, dentro do impulso romanticista nado en Inglaterra desde finais do século XVIII e que aquí implantouse a comezos do XIX. De feito, hai que entender que o deseño xeral destes espazos axardinados vai máis aló da xa ampla zona enreixada. Por iso, sería posible afirmar que a moi próxima avenida de cedros que parte da Casa da Rúa e mesmo a carballeira de Santa Cristina forman parte desta idea de ordenación dos terreos circundantes do pazo.

A orixe do seu deseño e construción remóntase aos tempos do terceiro dono do pazo, Fernando Rey do Barreiro, aló polo 1814, tendo sido coidado polas sucesivas xeracións da familia ata tempos ben recentes.

O do Pazo do Picón responde perfectamente ás características xerais destes xardíns palacianos, especialmente no que se refire ao seu reducido tamaño, ao uso de elementos naturais e construtivos preexistentes e ao mantemento de deseños xeométricos realizados con buxos«La realidad territorial y productiva de los pazos determinará la presencia de unos jardines de extensión por lo general reducida, compartimentados en unidades autónomas y poco dados a expulsar aquellos componentes más utilitarios o tradicionales, asumiéndose los nuevos gustos como una moda que vendrá a superponerse eclécticamente a datos y condiciones preexistentes. El jardín de estos pazos decimonónicos incorporará así algunos rasgos del paisajismo difundido por toda Europa a lo largo del XVIII, favorecidos en este caso por el húmedo y pluvioso clima de la región, pero todavía jugando con la presencia de los trazados geométricos, con cuadros y cuarteles de boj organizando aquel sector más cercano al pazo, para descargar a continuación en la exuberante vegetación antes que en los contados elementos artificiales un umbrío y melancólico aspecto que con el paso del tiempo se verá cada vez más reforzado debido a la creciente llegada e instalación de especies exóticas» ., propios dos tempos inmediatamente anteriores. Iso si, en lugar de estenderse a superficie axardinada fronte á fachada principal do pazo e estar orientada ao sur ou ao sueste, como é habitual nos pazos galegos, neste caso aquela sitúase ostentosamente no exterior e ao nordés, como se sinalaba. Porén, como todo o bosque previo á chegada do pazo é arauto da súa proximidade, procedeuse á plantación de exóticas especies arbóreas que hoxe locen gran porte, mesmo eucaliptos.

Contrasta o espléndido espazo axardinado coa sobriedade dos encalados e case rudimentarios lenzos exteriores do pazo. É quizais índice dunha dualidade propia dos pazos de orixe agraria que están, ademais, a curta distancia dunha cidade. En efecto, podemos atopar neste pazo elementos de interesante ornamentación e ambientes de sofisticado lecer, influídas polo ámbito urbano, ao carón de rústicas construcións debidas ás mans de habilidosos canteiros, cunha intención pragmática de aproveitamento económico. Precisamente, hai que resaltar que o primitivo uso agrícola das súas terras tiveron influencia na configuración destes xardíns. A proximidade dos predios de cultivo ao norte do pazo deberon ser o principal motivo da súa estraña localización, o que propiciou que este corpo practicamente se quedase inserto nunha zona de arborado.

As estruturas en buxo que contén o xardín son de dous tipos: sebes e topiarios. As carreiras ou sebes de buxo marcan os paseos ao longo do parque e teñen unha disposición lonxitudinal que van bordeando polo interior o recinto, deixando un grande espazo arborado no centro. A topiaria do pazo recibe o nome de labirinto de buxo, mais responde á tipoloxía de grandes composicións de buxos recortados e formando praciñas con parterres. Seguindo a Sánchez García, a súa estrutura é un «dobre recinto circundado por grosos muros, no que se abren pasos abovedados e actúan como reforzos torres nas esquinas rematadas por bolas e contrafortes esféricos de rotundas volumetrías». As praciñas cadradas son diferentes, «unha con parterres que incluían iniciais dos señores ao redor dunha tuia arbórea, e a outra cun ceador escavado no buxo».

Outras construcións Nas inmediacións do pazo atópase unha antiga vivenda en pedra chamada a Casa da Rúa, lugar desde o que arranca cara ao nordés un paseo de cedros que van rematar na carballeira de Santa Cristina. Esta construción foi en tempos a residencia dos caseiros do pazo.

Ademais, a uns 125 m do pazo en dirección á rúa do Picón atópase o chamado cruceiro do Pazo do Picón, de probable orixe no século XIX. O seu fuste octogonal está apoiado sobre catro chanzos. Conta cun chapitel de orde composta rematado nunha cruz cilíndrica que posúe as imaxes do Crucificado e da Virxe en cada lado. Na base do fuste ten incrustada unha medalla en bronce cun retrato dun crego e sobre ela, na pedra, hai unha inscrición que di «Bendecido por».

Historia Debido aos elementos descritos na parte anterior, cabe considerar ao Pazo do Picón como representativo dos pazos agrícolas desenvolvidos durante os séculos XVIII e XIX en Galicia. Aínda que non é de gran tamaño, si que as súas características e estado de conservación permiten facer esta afirmación.

As súas orixes non se afastan do devir das principais casas fidalgas do concello do Pino, confluíndo a súa propiedade coa do próximo Pazo de Portouteiro xa na segunda xeración de donos. Seguindo a Martínez-Barbeito, os sucesivos posuidores do pazo foron: