Journeyman, tamén coñecido coa denominación Argo-D8, foi un foguete sonda estadounidense de propelente sólido desenvolvido a finais dos anos 1950 e formado por cinco etapas.
Journeyman foi desenvolvido por Aerolab Development Co. para a NASA co apoio do Centro de Armas Especiais da Forza Aérea para estudar a contorna de radiación do espazo próximo á Terra de cara ás misións do Proxecto Mercury e para levar a cabo misións de radioastronomía. Todos os Journeyman, 8 en total, foron lanzados entre 1960 e 1965.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Javelin (foguete)
Categoría:Foguetes sonda