O Picón é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa, a pouco máis dun quilómetro ao leste da capital municipal, O Pedrouzo.
Monumentos Arquitectura civil O elemento patrimonial de maior relevancia deste lugar é o chamado pazo do Picón, un edificio barroco do século XVII.
Xeografía Algúns dos topónimos que se atopan nas inmediacións do Picón son: rego do Burgo ou de Puntillón, a uns 730 metros ao oeste do Picón cara ao Pedrouzo Corvite, a uns 520 metros ao leste, en dirección a Astrar Casa da Rúa, que é unha construción dun andar apenas a 150 metros ao sueste do pazo, con tellado a dúas augas, de paredes de cachotaría, mais con bos perpiaños nas esquinas, arredor de fiestras e porta de medio punto A Zanca, na cota de 300 metros, a uns 200 metros ao sueste do Picón Os Barreiros, na cota dos 350 metros, a uns 400 metros tamén ao sueste Picón de Minas, nos contrafortes do monte de Minas, a un quilómetro ao sueste do Picón monte de Minas, que ten unha altura de 451 metros e conta cun vértice xeodésico así como o denominado Miradoiro do Picón, a 1.460 metros aos sueste do Picón. Algo máis ao sur, nos contrafortes do suroeste deste monte e xa no concello de Touro, entre lugares de A Silva, Os Torreis de Abaixo e Os Torreis de Arriba, atópase un terreo pertencente ás minas de cobre de Río Tinto da que se extraen áridos
Lugares e parroquias Lugares de Arca
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino