Samil ou Saamil é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2019 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres).

A uns 180 metros en liña recta ao noroeste atópase o núcleo de Samil de Arriba, de dimensións moito maiores e xa na parroquia de Castrofeito, polo que a esta poboación tamén se lle coñece como Samil de Abaixo. Outros topónimos dos arredores son Campo da Pepa e A Toxeira (ao norte), As Caneiras (ao oeste) e o Coto de Pazos (ao leste).

Chama a atención neste lugar un hórreo de boas dimensións que pentence á tipoloxía dos hórreos do Pino.

A curta distancia, a uns 1.100 m cara ao nordés, nace na Chousa de Abeas o rego do Burgo.

Lugares e parroquias Lugares de Arca

Parroquias do Pino

Notas

Categoría:Lugares do Pino