A herba dos pitos, Aquilegia vulgaris, é unha especie de plantas do xénero Aquilegia, familia Ranunculaceae, nativa das zonas tépedas de Europa e Asia. Outros nomes comúns son paxariños e bonetes. miniatura|Ilustración. miniatura|Detalle da folla. miniatura|No seu hábitat. miniatura|Aquilegia vulgaris.
Descrición É unha planta herbácea perenne que alcanza 1,2 m de altura, talos delgados e con lanuxe, e follas de cor verde escuro, as basais grandes e pecioladas, diminuíndo o seu tamaño ao longo do talo, as superiores son trilobuladas. Talo floral erecto de 3-6 cm con varias flores que xorden agrupadas de cor azul violeta, ás veces brancas que caen flacidamente.
Historia De aquelegus, que toma auga, ou de aquila, polo aspecto das flores. Antigamente as sementes empregáronse para facer perfumes afrodisíacos e dise que as cortesás as mastigaban para exercer mellor o seu oficio, as vestais romanas (virxes consagradas) tiñan prohibido o contacto con esta planta. Foi cultivada nos xardíns medievais. A casa de Guisa, na Francia renacentista, fixo desta flor o seu escudo de armas.Os contrabandistas navarros usábana como amuleto cando ían cruzar a fronteira.
Esta especie foi descrita en Galicia en 1905 no primeiro tomo da Flora descriptiva é ilustrada de Galicia de Baltasar Merino.Flora descriptiva é ilustrada de Galicia. Tomo I, páxina 71
Toxicidade Aquilegia vulgaris é unha planta tóxica. Contén aquilegina, un glucósido que libera cianuro de hidróxeno ao hidrolizarse no tubo dixestivo, pola acción dun encima chamado β-glucosidasa.
O envelenamento produce síntomas temperáns similares ao envelenamento por acónito, formigueo na boca e na pel, seguidos de axitación, pulso débil, descoordinación, convulsións e morte. Aínda que a súa toxina non é tan potente como a aconitina, se non se actúa, a morte sobrevén por parálise cardíaca ou respiratoria. O tratamento é hospitalario, hai que provocar o vómito tan pronto como se sospeite intoxicación e pedir atención médica urxentemente.
As sementes, moídas e maceradas en aceite de oliva, póñense na cabeza para repeler os piollos.
Taxonomía Aquilegia vulgaris foi descrita por Carlos Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 533. 1753.Aquilegia vulgaris en PlantList A A. vulgaris:
descrita por Richards. no 1823 en Bot. App., ed. 2: 21. é Aquilegia brevistyla de Hook. descrita por Thunb. no 1784 en Fl. Jap. (Thunberg) 232. 1784 é Aquilegia flabellata de Siebold & Zucc.
Etimoloxía
Ver: Aquilegia
vulgaris: epíteto latino que significa "común, vulgar".En Epítetos Botánicos
Sinonimiahttps://www.gbif.org/search?q=Aquilegia%20vulgaris
NOTA: Os nomes que presentan ligazóns son sinónimos noutras especies:
Aquilegia alba Huftelen Aquilegia aggericola Jord. Aquilegia arbascensis Timb.-Lagr. Aquilegia collina Jord. Aquilegia cornuta Gilib. Aquilegia cyclophylla Aquilegia glaucophylla Steud. Aquilegia longisepala Zimmeter Aquilegia mollis Jeanb. & Timb.-Lagr. Aquilegia nemoralis Jord. Aquilegia platysepala Rchb. Aquilegia praecox Jord. Aquilegia ruscinonensis Jeanb. & Timb.-Lagr. Aquilegia silvestris Neck. Aquilegia speciosa Aquilegia versicolor Salisb.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bailey, L.H. & E.Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Breedlove, D.E. 1986. Flora de Chiapas. Listaxes Floríst. México 4: i–v, 1–246. Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., Nova York. Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. Fl. N. Amer. 3: i–xxiii, 1–590. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. En H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (terceira edición). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (segunda edición) i–910. New York Botanical Garden, Bronx. Jørgensen, P. M. & C. Ulloa Ulloa. 1994. Seed plants of the high Andes of Ecuador---A checklist. AAU Rep. 34: 1–443. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Cat. Vasc. Pl. Ecuador, Monogr. Syst. Bot. Miss. Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181. Missouri Botanical Garden, St. Louis. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill. Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa. Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724. Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.
Ligazóns externas Flora ibérica. Plantas vasculares de la Península Ibérica e Islas Baleares Distribución mundial Distribución en España
Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Flora de Asia Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia