Chloroflexia é unha das seis clases nas que actualmente se divide o filo de bacterias Chloroflexi, grupo coñecido como bacterias verdes non do xofre filamentosas. Usan a luz para obter enerxía fotosintéticamente e reciben o seu nome polo pigmento verde que teñen, xeralmente contido nuns corpos fotosintéticos denominados clorosomas.
Os Chloroflexia son tipicamente filamentosos e poden moverse por escorregamento bacteriano. Son organismos aerobios facultativos, pero non producen oxíxeno no seu proceso de obter enerxía a partir da luz, ou fototrofia. Ademais, Chloroflexia presenta diferentes métodos de fototrofia (fotoheterotrofia) que os das verdadeiras bacterias fotosintéticas.
Etimoloxía Os nomes "Chloroflexi" e "Chloroflexia" son palabras neolatinas derivadas de "Chloroflexus", que é o nome do primeiro xénero descrito. O nome é unha combinación do grego chloros (χλωρός), que significa "amarelo verdoso"χλωρός. Liddell, Henry George; Scott, Robert; A Greek–English Lexicon at the Perseus Project e do latín flexus (de flecto)Lewis, Charlton T. and Charles Short, A Latin Dictionary. Oxford: Clarendon Press, 1879. Online version at Perseus que significa 'dobrar'.
Taxonomía e sinaturas moleculares A clase Chloroflexia é un grupo moi antigo de bacterias fotosintéticas (coa excepción das especies Herpetosiphon e Kallotenue) que actualmente consta de tres ordes: Chloroflexales, Herpetosiphonales e Kallotenuales. As Herpetosiphonales e Kallotenuales constan cada un dun só xénero dentro da súa propia familia, Herpetosiphonaceae (Herpetosiphon) e Kallotenuaceae (Kallotenue), respectivamente, mentres que as Chloroflexales son máis diversas filoxeneticamente.
Características microscópicas distintivas Todos os membros do filo Chloroflexi son monodermos e tínguense principalmente como gramnegativos, mentres que a maioría das especies de bacterias son didermas e tínguense como gramnegativas, coa excepción grampositiva das Firmicutes (Gram positivas de baixo GC), Actinobacteria (grampositivas de alto GC) e o grupo Deinococcus-Thermus (grampositivas, didermas con grosa parede de peptidoglicano).
Características xenéticas distintivas
As análises xenómicas comparativas refinaron recentemente a taxonomía dentro da clase Chloroflexia, dividindo as Chloroflexales na suborde Chloroflexineae, que consta das familias Oscillachloridaceae e Chloroflexaceae, e a suborde Roseiflexineae, que comprende a familia Roseiflexaceae. A taxonomía revisada está baseada na identificación de diversos indeis sinatura conservados, que serven como marcadores moleculares moi fiables de ascendencia común.
Características fisiolóxicas distintivas
Un apoio adicional á división das Chloroflexales en dúas subordes son as diferenzas observadas en características fisiolóxicas nas que cada suborde se caracteriza por pefís distintivos de carotenoides, quinonas e ácidos graxos que están consistetemente ausentes na outra suborde.
Ademais de serviren para demarcar as categorías taxonómicas, os indeis sinatura conservados pode ter un papel nas característricas únicas dos membros dentro dun clado. En concreto, unha inserción de catro aminoácidos na proteína piruvato flavodoxina/ferredoxina oxidorredutase, unha proteína que desempeña unha importante función nos organismos fotosintéticos, atopouse exclusivamente en todos os membros do xénero Chloroflexus, e pénsase que xoga un papel funcional importante.
Fixéronse outros traballos usando estes indeis sinatura conservados para delimitar a posición filoxenética de Chloroflexia en relación a grupos fotosintéticos veciños como Cyanobacteria.
As especies de Chloroflexia forman unha liñaxe distintiva coas especies de Chlorobi, os seus parentes filoxenéticos máis achegados. Atopouse un indel sinatura conservado compartido entre Chloroflexia e Chlorobi, que se interpretou como resultado dun evento de transferencia horizontal de xenes entre estes dous parentes.
Taxonomía
A taxonomía actualmente aceptada é:
Orde Chloroflexales Suborde Chloroflexineae Familia Chloroflexaceae Trüper 1976 emend. Gupta et al. 2013 Xénero Chloroflexus Pierson e Castenholz 1974 C. aggregans Hanada et al. 1995 C. aurantiacus Pierson e Castenholz 1974 Familia Oscillochloridaceae Keppen 2000 emend. Gupta et al. 2013 Xénero Oscillochloris Gorlenko e Pivovarova 1989 emend. Keppen et al. 2000 O. chrysea Gorlenko e Pivovarova 1989 O. trichoides (ex Szafer) Gorlenko e Korotkov1989 emend. Keppen et al. 2000 Xénero Chloronema Dubinina e Gorlenko 1975 Chloronema giganteum Dubinina e Gorlenko 1975 Suborde Roseiflexineae Familia Roseiflexaceae Gupta et al. 2013 Xénero Roseiflexus Hanada et al. 2002 Roseiflexus castenholzii Hanada et al. 2002 Xénero Heliothrix Pierson et al. 1986 Heliothrix oregonensis Pierson et al. 1986 Orde "Herpetosiphonales" Familia "Herpetosiphonaceae" Xénero Herpetosiphon Holt e Lewin 1968 H. aurantiacus Holt e Lewin 1968 H. geysericola (Copeland 1936) Lewin 1970
Adicionalmente, "Kouleothrix aurantiaca" e "Dehalobium chlorocoercia" non foron descritos completamente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Bacterias Categoría:Bacterias fototróficas Categoría:Cloroflexos