Pure é o segundo álbum de estudio da banda inglesa de metal industrial Godflesh, publicado o 13 de abril de 1992 a través do selo Earache Records. Aínda que orixinalmente foi etiquetado só como metal industrial, dende entón o álbum foi recoñecido como un dos primeiros lanzamentos de post-metal. Musicalmente, Pure ten ritmos mecánicos e con guitarras ásperas, e ten cancións prolongadas con bastantes repeticións deliberadas. Como moita da música de Godflesh, é considerado pesado e agresivo, e eses elementos axudaron a que gañase a aclamación da crítica.
Pure foi apoiado polo sinxelo promocional e o vídeo musical de "Mothra". O EP de 1991 Cold World foi gravado nas mesmas sesións que o álbum. En 2013 Godflesh interpretou a meirande parte de Pure ao vivo no festival Roadburn. A pesar do descontento coa calidade da produción do álbum, o líder de Godflesh Justin Broadrick considérao un dos lanzamentos máis honestos do grupo. En 2012 a revista Fact clasificou a Pure como o 64 mellor álbum dos 90. A mesma revista en 2015 situou ao disco no posto 18 da súa lista dos 40 mellores álbums de post-metal.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Godflesh Categoría:Álbums musicais de 1992 Categoría:Álbums producidos por Justin Broadrick Categoría:Álbums de Earache Records