María Teresa Perales Fernández, nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, é unha nadadora paralímpica española, ademais de expolítica e escritora. É a deportista paralímpica española máis condecorada da historia.

Traxectoria Nada en Zaragoza o 29 de decembro de 1975, aos 19 anos perdeu a mobilidade dende a cintura até os pés por mor dunha neuropatía. O derradeiro día que andou sen muletas foi para celebrar que o Real Zaragoza gañara a Recopa de Europa en maio de 1995. Logo duns meses moi duros, asimilou que perdera a capacidade de camiñar e adaptouse á súa nova situación. Teresa aprendeu a nadar e despois dun ano comezou a competir.«Entrevista a Teresa Perales» . Portal de las Comarcas de Aragón. Consultado o 6 de maio de 2018 .

Contraeu matrimonio co xornalista español Mariano Menor o 8 de xaneiro de 2005 na Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza. En 2010, converteuse en nai logo de nacer o seu fillo Mariano.

Traxectoria deportiva Gañou 27 medallas nos Xogos Paralímpicos entre os anos 2000 e 2021. Conseguiu 22 medallas no Campionato Mundial de Natación Adaptada entre os anos 1998 e 2019. O 29 de agosto de 2012, foi a abandeirada da delegación española na cerimonia de inauguración dos Xogos Paralímpicos celebrados na cidade de Londres.

Recoñecementos En 2021, recibiu o Premio Princesa de Asturias dos Deportes

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Medallistas paralímpicos de Galicia Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por España Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016 Categoría:Medallistas paralímpicos en natación Categoría:Nadadores de Galicia Categoría:Premios Princesa de Asturias dos Deportes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Miguel Hernández de Elx