Johnny Lee O'Bryant III, nado o 1 de xuño de 1993 en Cleveland, Mississippi, é un xogador de baloncesto estadounidense.
Traxectoria profesional NBA O 26 de xuño de 2014, O'Bryant foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks. O 29 de xuño de 2016, O'Bryant foi cortado polos Bucks.
O 26 de xaneiro de 2017, O'Bryant asinou un contrato de dez días cos Denver Nuggets. O 6 de febreiro de 2017, asinou un segundo contrato de dez días cos Nuggets.
O 24 de febreiro de 2017, O'Bryant asinou un contrato de dez días cos Charlotte Hornets. O 6 de marzo de 2017, asinou un segundo contrato de dez días cos Hornets. O 16 de marzo de 2017, O'Bryant asinou un contrato por varios anos cos Hornets.
O 7 de febreiro de 2018, O'Bryant foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New York Knicks, a cambio de Willy Hernangómez. O día seguinte, foi cortado polos Knicks.
Europa O 31 de xullo de 2018, O'Bryant asinou un contrato dun ano co Maccabi Tel Aviv BC israelí.
O 14 de agosto de 2019, O'Bryant asinou co PBC Lokomotiv Kuban da VTB United League. O 21 de xullo de 2020, estendeu o seu contrato co Lokomotiv unha tempada máis. O 18 de setembro de 2020, O'Bryant deixou o Lokomotiv Kuban debido a problemas familiares.Lokomotiv Kuban, Johnny O’Bryant part ways
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas NBA en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do PBC Lokomotiv Kuban Categoría:Xogadores do KK Crvena zvezda