Mariana Pajón Londoño, nada en Medellín o 10 de outubro de 1991, é unha ciclista colombiana, especialista en BMX.Valledupar Noticias: Mariana Pajón gana Medalla de Oro para Colombia en los Juegos Olimpicos de Londres. valleduparnoticias.co (10 de agosto de 2012) É a campioa de 14 campionatos mundiais, 2 campionatos nacionais dos Estados Unidos, 9 campionatos latinoamericanos e 10 campionatos panamericanos. Ademais, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, e nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Nos Xogos de 2020 en Toquio, gañou unha medalla de prata. É a primeira colombiana en gañar dúas medallas olímpicas de ouro. Os logros de Pajón en BMX valéronlle o alcume da "Raíña do BMX".Mariana Pajon. london2012.com

Traxectoria Gañou o seu primeiro título nacional con 5 anos e o seu primeiro título mundial con 9 anos.

Foi escollida para levar a bandeira de Colombia na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2012. A súa participación de Pajón na competición de BMX resultou na primeira medalla de ouro para Colombia neses Xogos e o segundo na historia da participación do seu país nas Olimpíadas. Despois de acadar a primeira posición nas tres carreiras das semifinais, fixo un tempo de 37,706 segundos durante a final.With David Beckham watching, Mariana Pajon wins women’s BMX gold at the London Olympics. The Associated Press (10 de agosto de 2012)

miniatura|Mariana Pajón gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2016. Nos Xogos Olímpicos de 2016, Pajón defendeu o seu título e gañou o seu segundo ouro olímpico, o quinto na historia de Colombia. Con esta vitoria, Pajón converteuse na primeira deportista colombiana en gañar dúas medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, Pajón gañou a prata.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mariana Pajón.com Mariana Pajón-BMX Race

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Medellín Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Ciclistas olímpicos de Colombia Categoría:Medallistas olímpicos en ciclismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Colombia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Colombia Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2024