Kassius Robertson, nado o 20 de abril de 1994 en Toronto, Ontario, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga no Joventut Badalona da Liga ACB. Cunha altura de 1,91 m xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional En xuño de 2018, Robertson asinou co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga. Nunha tempada na Bundesliga, acadou 12.3 puntos por encontro.
En xullo de 2019, Robertson asinou co Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A. O 3 de marzo de 2020, Robertson foi cortado polo equipo italiano.
O 18 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Robertson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB. O 20 de decembro de 2020, Robertson anotou 37 puntos na vitoria do Obradoiro contra o Casademont Zaragoza, a maior anotación individual na historia do equipo santiagués en ACB, superando os 36 puntos acadados por Maxi Kleber en marzo de 2015.KASSIUS ROBERTSON en modo metralleta: ¡37 puntos con 9 triples! | Liga Endesa 2020-21 Tras a súa primeira tempada no Obradoiro, na que Robertson foi o máximo anotador da tempada con 15.2 puntos por encontro, o 16 de xullo de 2021 anunciouse a súa continuidade por unha tempada máis.
O 15 de agosto de 2022, Robertson asinou co Pallacanestro Reggiana da Lega Basket Serie A.
O 27 de novembro de 2022, Robertson regresou ó Obradoiro CAB da Liga ACB, tras asinar ata final de tempada.
O 17 de xullo de 2023, Robertson asinou co Valencia Basket da Liga ACB por dúas tempadas. O 6 de xuño de 2024, Robertson e o club laranxa chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador.
O 28 de xuño de 2024, Robertson asinou un contrato de dous anos co Joventut Badalona da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil nos Missouri Tigers
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Toronto Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do Medi Bayreuth Categoría:Xogadores do Fortitudo Bologna Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Pallacanestro Reggiana Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Joventut Badalona