Zahra Nemati (en ), nada o 30 de abril de 1985, é unha arqueira paralímpica iraniana. Como deportista, orixinalmente competiu en taekwondo antes de quedar parcialmente paralizada por mor dun accidente de coche. Nos Xogos Paralímpicos de 2012 gañou dúas medallas, unha individual de ouro e unha de equipo de bronce. Posteriormente, conseguiu clasificarse para competir tanto nos Xogos Olímpicos de 2016 como nos Xogos Paralímpicos de 2016.
Vida persoal Nemati naceu en Kerman, Irán. En 2003, resultou ferida nun accidente automobilístico, quedando con feridas na columna e coas dúas pernas paralizadas.
Honras Nemati gañou o premio "Sport Accord's Spirit of Sport Individual" no ano 2013.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Zahra Nemati en World Archery Federation
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por Irán Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por Irán Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por Irán Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2016 Categoría:Arqueiros nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Arqueiros olímpicos de Irán