Iago Suárez Fernández, alcumado Iagueiro, nado na Tapada, en Carballedo o 28 de agosto de 1997, é un cantante e político galego. É un dos membros fundadores do grupo de rap galego TIAM Gz e forma parte do BNG.
Actualmente é o secretario xeral da Unión da Mocidade Galega e exerce como deputado no Parlamento de Galicia.
Traxectoria Iago Suárez pasou toda a súa infancia e mocidade nos concellos de Chantada e Carballedo. No ano 2015 comezou a estudar o Grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, durante o cal pasou un ano na Universidade de Bratislava grazas ao programa Erasmus+.
Traxectoria musical Comezou a dar os primeiros pasos no mundo da música coa fundación en 2018, xunto co Torozas, o Alessov e o Mr. Mati, do TIAM Gz. O nome do grupo está formado polas iniciais dos seus integrantes (Torozas, Iagueiro, Alessom e Mr. Mati) e no cal Iago Suárez é un dos MC. No mesmo ano da súa fundación, o grupo lanza unha mixtape con 4 cancións chamado Cantigas e, máis tarde, o sinxelo «Akelarre». O ano seguinte publica dous sinxelos «Arabic» e «Entropía». En 2020 volven lanzar dous sinxelos, desta vez chamados «Flows da Nada» e «Sandungueira», este último coa colaboración doutra rapaza de Chantada, Julia Vázquez.
Traxectoria política Tras afiliarse a Galiza Nova, no ano 2018 aparece por vez primeira nunhas listas do BNG como segundo suplente de Cosme Pombo nas listas para o Senado das eleccións xerais do 28 de abril de 2019, posición que mantería para a reedicion das eleccións xerais o 10 de novembro dese mesmo ano. Tamén se presentou nas eleccións municipais do 26 de maio de 2019 en Chantada, circunscrición na cal ocupou a sexta praza como integrante da candidatura do BNG.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi no número 5 nas listas pola provincia de Lugo. Dende 2018, forma parte da dirección comarcal de Galiza Nova de Lugo Sul e, desde 2023, da Comisión Permanente de Galiza Nova como responsábel de Formación.
En maio de 2024, foi escollido pola UMG como novo secretario xeral.
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 4 pola provincia de Lugo, resultando elixido.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1997 Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG