Agaricus subrufescens é unha especie de cogomelo comestíbel da familia Agaricaceae. É coñecido como champiñón do solNome galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. A. subrufescens é tamén coñecido por varios nomes científicos errados e obsoletos, como Agaricus blazei, Agaricus blazei Murrill, Agaricus brasiliensis, Agaricus sylvaticus ou Agaricus rufotegulis.
Trátase dun basidiomiceto amplamente distribuído polas rexións tropicais e subtropicais do planeta, e amplamente cultivado e comercializado.
Distribución e hábitat Agaricus subrufescens ten distribución cosmopolita, sendo encontrado principalmente en climas tropicais e subtropicais. Descrito orixinalmente no nordeste dos Estados Unidos, tamén foron encontrados crecendo nos estados da California e Hawai , así como en Gran Bretaña, Holanda, Israel, Taiwán e o Brasil. Frutifican illados ou en grupo en solos ricos e con material vexetal en descomposición, frecuentemente en ambientes domésticos.
Nomenclatura e taxonomía Agaricus subrufescens foi descrito polo botánico americano Charles Horton Peck en 1893 de mostras recadadas na costa leste dos Estados Unidos. Na década de 1970, foi descuberto no Brasil, mais os cogomelos foron mal identificados por Heinemann, como sendo da especie Agaricus blazei descrita por William Murrill en 1945, orixinalmente na Florida. Eses espécimes brasileiros tamén foron mal identificados como sendo da especie Agaricus silvaticus en literatura comercial. E en 1999, Nauta describiu mostras do Reino Unido, Holanda e Portugal, como unha nova especie, Agaricus rufotegulis.
En 2002, da Eira e colaboradores rexeitaron o nome A. blazei para a poboación do Brasil, e describiron un novo nome científico para designar a especie, A. brasiliensis. Con todo, o nome A. brasiliensis xa estaba ocupado por unha especie descrita por Elias Magnus Fries en 1830. Richard Kerrigan, en 2005, realizou probas xenéticas e de interfertilidade en varias cepas e demostrou que as mostras brasileiras chamadas de A. blazei e A. brasiliensis son xeneticamente similares, e fértiles coas poboacións norteamericanas de Agaricus subrufescens. Estas probas tamén demostraron que os exemplares europeos denominados de A. rufotegulis pertencían tamén a esta mesma especie. Polo principio da prioridade do Código Internacional de Nomenclatura Botánica, Agaricus subrufescens, que é o nome máis antigo, é o nome científico válido para a especie. Agaricus blazei Murrill é un nome científico válido, mentres, para unha especie distinta de cogomelo encontrado na Florida; e Agaricus silvaticus Schaeff. é tamén válido, mais para un cogomelo de clima temperado das illas británicas.
Descrición O chapeu é inicialmente hemisférico e posteriormente convexo, cun diámetro de 5 a 18 cm, cuberto de fibras semellantes a seda, aínda que máis ben de maduro, e desenvolve pequenas escamas (escamuloso). A cor do chapeu pode variar desde o branco-cinza ao marrón avermellado; a orla do chapeu tipicamente fisúrase coa idade. A carne é branca, e ten sabor a "noces verde", con arrecendo a améndoa. As lamelas non están unidas ao estipe, son estreitas e preséntanse moi xuntas. Comezan por ter cor branca, despois rosada e, finalmente negra-marrón, cando as esporas maduran. As esporas elipsoides son lisas, de cor púrpura marrón escura, cando son vistos microscopicamente, con dimensións de 6-7,5 por 4–5 mm. O estipe ten de 6 a 15 cm de altura e 1 a 1,5 cm de espesura, bulboso na base. Inicialmente macizo, o estipe fica oco coa idade; é algodoado (flocoso) a escamento na base. O anel é abondoso e de capa dobre; dóbrase para baixo en dirección ao pé, liso e abrancazado na parte superior, e cuberto de escamas con aspecto de algodón na parte inferior.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Especies do xénero Agaricus
Categoría:Fungos comestibles Categoría:Fungos descritos en 1893 Categoría:Agaricus