A península de Huon é unha gran península localizada no extremo oriental da illa de Nova Guinea. Administrativamente pertence á provincia de Morobe de Papúa-Nova Guinea.Traveljournals.net. 2008. Huon Peninsula. Consultada o 10 de maio de 2020.
Foi clasificada polo Fondo Mundial para a Natureza como unha ecorrexión (Bosque chuvioso da península de Huon, AA0107).John Morrison (2001): World Wildlife Fund Scientific Report: Huon Peninsula montane rain forests (AA0107). Publicado en Terrestrial ecoregions of the Indo-Pacific: a conservation assessment. World Wildlife Fund.
Ten 89 km de longo. Encóntrase rodeada polo mar de Bismarck ao norte, o mar de Salomón ao leste, o golfo de Huon ao sur e o río Markham ao oeste.Encyclopædia Britannica. 2008. Encyclopædia Britannica Online: Huon Peninsula. Consultada o 10 de maio de 2020. Na península encóntrase a cordilleira Saruwaged, que se eleva a máis de 4 000 m.
Foi nomeada en honor ao navegante francés Jean-Michel Huon de Kermadec, capitán da fragata L'Espérance, que era o segundo ao mando da expedición comandada por Bruni d'Entrecasteaux, á fronte da nave La Recherche que, entre 1791 e 1793 intentou encontrar a expedición perdida de La Pérouse.
Notas
Categoría:Penínsulas ao Océano Pacífico