Marguerite Catherine Perey, nada en Villemomble, Francia o 19 de outubro de 1909 e finada en Louveciennes, Francia o 13 de maio de 1975, foi unha física francesa coñecida polo descubrimento do francio en 1939. Foi a primeira muller elixida membro da Academia das Ciencias en Francia en 1962.

Traxectoria Marguerite Perey estudou na Escola de Educación Técnica da Muller, na que obtivo un diploma en química en 1929.Marguerite Catherine Perey (1909-1975), por Jean-Pierre Adloff et George B. Kauffman, en Out of the shadows, contributions of twentieth-century women to physics, editado por Nina Byers e Gary Williams. Incorporouse ao equipo de Marie Curie no Instituto Curie en París e foi a súa axudante durante o período 1929-1934.. En 1934, á morte de Marie Curie, Marguerite Perey obtivo un posto de radioquímica co novo director André Debierne.. En 1939, Marguerite Perey illou por purificación do lantano que contiña actinio o primeiro isótopo dun elemento químico que se colocaba na caixa 87 aínda baleira do sistema periódico, debaixo de cesio na táboa periódica. Foi máis tarde coñecido polo nome provisional EKA-cio. Marguerite nomeará este elemento francio en homenaxe ó país no que o descubrira. É o último elemento existente descuberto no seu estado natural.

Xa na década de 1870, a comunidade de químicos cría na posible existencia dun metal alcalino con número atómico 87, debaixo de cesio na táboa periódica. Coñeceuse entón co nome provisional eka-cesium. Os investigadores estaban intentando descubrir e illar este elemento que faltaba. Polo menos catro anuncios prematuros foron feitos antes de que fose descuberto por Marguerite Perey.

Retomando os seus estudos durante a guerra, Marguerite Perey obtivo un doutoramento en ciencias na Sorbona en 1946, co "Elemento 87, actinium K" e converteuse en investigadora no CNRS no Instituto Curie baixo a dirección de Irène Joliot-Curie ata 1949 Expediente profesional conservado nos Arquivos Nacionais de Francia, documento 20070296/427.. Despois foi nomeada profesora titular da cátedra de química nuclear da Universidade de Estrasburgo no recentemente creado Instituto de Investigación Nuclear. O 12 de marzo de 1962 foi a primeira muller admitida na Academia das Ciencias.

A principios dos anos cincuenta, as dores que sentiu perturbaron as súas actividades. En 1960 diagnosticáronlle cancro óseo, provocado polas súas investigacións coa radioactividade. Tivo que parar as súas actividades científicas e despois establecerse en Niza para buscar tratamento nunha clínica onde a progresión da enfermidade a debilitou gradualmente.encyclopedia.com : Perey, Marguerite Catherine .

Marguerite Perey, ela mesma unha vítima de radiación, insistiu introducir medidas de protección nos seus laboratorios.

Premios e recoñecementos

Premio Wilde da Academia das Ciencias (1950) Premio Le Conte da Academia das Ciencias (1960) Premio científico da cidade de París (1960) Elixida membro da Academia das Ciencias por proposta de Francis Perrin (1962) Premio Lavoisier da Sociedade Francesa de Química (1964) Medalla de prata da Chemical Society de Francia (1964) Oficial da Lexión de Honor (1960) Comendadora das Palmas Académicas (1960) Comendadora da Orde Nacional do Mérito (1973), discurso de Alfred Kastler, laureado co Nobel en física.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Mulleres na física

Ligazóns externas Anne Fenninger, "Marguerite Perey (1909-1975)" , Physiciens en Alsace, témoins de leurs temps, Universidade de Estrasburgo, p. 108-109 (exposición)

Categoría:Físicos de Francia Categoría:Químicos de Francia Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1975