O Rally do Lacón de 1992 foi a 26ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 13 e o 14 de maio de 1992 e o vencedor foi Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.
Resumo Germán Castrillón dominou as primeiras dúas seccións das tres que compoñían o rally, mentres que Manuel Senra foi o máis rápido nos treitos nocturnos do domingo, que pechaban a proba. Os vehículos chegaron á meta con Castrillón na primeira posición e con Senra segundo, a 11 segundos do cabanés. Con todo, tras finalizar a carreira Senra puxo unha reclamación sobre o o primeiro paso por Cabanelas, treito que fora anulado e non contabilizado ao caer unha árbore na estrada despois de que xa pasaran seis participantes, incluído o propio Senra, pero non Castrillón. Os comisarios déronlle a razón e contabilizaron os tempos dos pilotos que completaron dito treito adxudicándolle ao resto o peor dos seis tempos. Con estes novos tempos a clasificación mudou e declarouse gañador a Manuel Senra. A decisión enfadou ao equipo dos Castrillón, que acusaron á organización de "regalarlle o rally a Senra" e prometeron que non volverían correr o Rally do Lacón, promesa que mantiveron. O carballiñés José María Banga completou o podio.
Clasificación PosPilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v1h04'29''2 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth1h04'38''3 José María Banga Modesto GonzálezCitroën AX Sport5 José Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sport6 Javier Azcona Gonzalo ChaureRenault Clio 16vAbandonos- José María Magdaleno Manuel CamposLancia Delta Integrale-- Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sport-
Notas
Categoría:Rally do Lacón Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally