Mirosław Hermaszewski, nado en Lipniki (Polonia) o 15 de setembro de 1941 e finado o 12 de decembro de 2022, foi o primeiro astronauta polaco. Formou parte da misión Soiuz 30.

Traxectoria Hermaszewski graduouse en 1965 na Alta Escola de Aviación en Demblin, despois do cal sirveu na Forza Aérea de Polonia. En 1971 graduouse na Academia Militar Karol Sverchevski. En 1976 foi seleccionado como cosmonauta para o programa Interkosmos xunto con Zenon Jankowski. Voou ao espazo en 1978, na misión Soiuz 30, xunto co cosmonauta soviético Piotr Illiich Klimuk, acoplándose á estación Saliut 6 e pasando un total de 7,92 días no espazo. Despois de 1978 Hermaszewski continuou servindo na Forza Aérea. Entre 1981 e 1982 foi membro do Consello Militar para a Salvación Nacional. Faleceu o 12 de decembro de 2022, con 81 anos de edade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 30

Categoría:Astronautas de Polonia Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados na rexión de Rivne Categoría:Orde de Lenin